"ÁS VECES POR SER MULLER, E ENCIMA NOVA, NON CHE MIRAN CO MESMO RESPECTO"
"A banca é un sector moi masculinizado; aproximadamente o 80% son homes"
Teresa Vieites e Eva Rei comparten un despacho desde o que realizan traballos de consultoría e avogacía na Rua Pardo Bazán de Cambados . Con 30 e 34 anos, estas licenciadas cambadesas atrevéronse a comezar a traballar pola súa conta nuns sectores aínda moi masculinizados. Estes
días visitaron o instituto Ramón Cabanillas para explicar a súa experiencia aos estudantes.
días visitaron o instituto Ramón Cabanillas para explicar a súa experiencia aos estudantes.
-Como foi a súa charla cos alumnos?
-Moi gratificante. Quixemos explicarlles que na idade na que están é moi complicado que teñan unha vocación, e que iso se consegue a base de ir dando paus de cego. No meu caso, repetín 1º de BUP, pero iso fíxome pensar nos 40 anos de vida laboral que me quedaban por diante e en que non valía a pena tirar ao lixo os oito que me ía a levar formarme.
-Nestes momentos o paro afecta especialmente a mulleres con formación. Como é a súa experiencia?
-Estamos atravesando unha crise profunda, pero iso non significa que a situación sexa irreversible. En 1992 vivíronse momentos difíciles e remontouse. Agora mesmo non se trata de terminar de estudar e empezar a traballar. Eu pasei por un contrato de prácticas, e Eva traballou de camareira. No meu caso levo 9 anos como consultora independente, e fai un que montamos un despacho en común.
-Ambas se moven en ámbitos tradicionalmente masculinizados. O feito de ser mulleres supúxolles algún problema ou impedimento nalgún momento das súas carreiras?
-No caso da avogacía, a día de hoxe practicamente repártese ao 50% entre homes e mulleres. Na banca non, e o 80% aproximadamente son homes. As dúas decidimos arriscar e emprender. Pero é certo que moitas veces por ser muller, e encima nova, míranche con desconfianza, parece que non impós o mesmo respecto que se foses un home. No caso deles, de feito, nin sequera importa tanto a mocidade.
-Pensaron nesas dificultades engadidas á hora de escoller o seu camiño laboral?
-Non. O importante nesta vida é escoller ben para evitar pasarche o resto da vida traballando en algo que non che gusta. Iso é o que quixemos transmitir aos mozos.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario