18 de abr. de 2012

NO TEMA DO FURTIVISMO NA RIA: “ESTÁ O LOBO A COIDAR DAS OUVELLAS?”

Estes días está de rabiosa  actualidade novamente e desgrazadamente o tema do furtuvismo na Ría de Arousa. A crise económica fixo resucitar unha lacra que algúns xa  tiñan como esquecida. Pero agora volta con forza, e todos os organismos  están a traballar para tratar de solucionar o tema sobre todo o BNG no Parlamento de Galicia, pero é moi difícil cambiar certas mentalidades e non hai que ir moi lonxe no tempo. Non vos lembrados cando sai publicado nun periodico como “El Pais” e en outros de menor entidade  en abril de 2008 con este titular “Decomisan marisco ilegal o Patrón Maior de Cambados” e continuaba de seguido a nova completa que dicia:
“””Nunha zona non autorizada e cun desfasamento do 100% de capturas sobre o tope legal. Así se atopou onte un dispositivo de vixilancia á embarcación Pelea, propiedade do patrón maior de Cambados, Benito González. Xunto a esta había outro barco e entre ambos sumaban 3.709 quilos de berberecho rabioso, cando o tope é de 1.600. A Consellería de Pesca confirmou o comiso do marisco, a súa venda e a posterior posta a disposición de Tesouro da Xunta da recadación.
O patrón maior, vicepresidente ademais da Federación Galega de Confrarías e vogal da Federación Nacional, negou onte estas acusacións. "É mentira", dixo, antes de explicar que "estaban preto dun sitio [en referencia a unha zona non autorizada] e aquí trabállase así, levamos dous anos facéndoo". González entende que esta actuación obedece a "unha persecución" da consellería, coa que xa protagonizou algún outro desencontro. "Agora eles están mandando e toca aguantar", sentenciou.
González asegura que onte el non se atopaba a bordo do Pelexa, aínda que recoñeceu ser propietario dunha das embarcacións ás que se practicou o comiso. Precisamente no Pelea deuse conta dunha persoa en situación irregular que, segundo fontes próximas á operación, podería ser un xubilado. A cuestión deberá ser resulta polos servizos de Capitanía Marítima. Ademais das dúas embarcacións abordadas onte polo dispositivo de vixilancia, outras dúas máis participan no plan de explotación de berberecho rabioso autorizado pola Xunta para a confraría arousá.
Antecedentes
Non é a primeira vez que Benito González enfróntase ás autoridades. Fai meses Capitanía Marítima abriulle un expediente por enrolar xubilados na súa embarcación.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ademais, anulou recentemente as eleccións celebradas fai catro anos no depósito de Cambados e polas que González foi elixido patrón maior. Naquelas datas, o popular López Veiga estaba á fronte da consellería. Foi a Asociación Galega de Mariscadoras quen presentou a denuncia ao detectar unha serie de irregularidades no proceso. Tendo en conta de que a consellería ten que garantir o cumprimento da legalidade nestes comicios entenden que tamén López Veiga debe asumir a súa responsabilidade neste caso.”””
Ou cando , segundo publicou  o periodico dixital Xornal Galicia o 14 de decembro de 2011 este titular “Benito González Sineiro, autoriza a mariscar a un furtivo a sabiendas...da súa ilegalidade “
Con estes exemplos en plena época de crise non é de estranar que o furtivismo volte polos seus fueros, e hora de poñer sobre a mesa o debate de si efectivamente hai que tipificar como delito esta lacra ou non, pero algúns patróns maiores non son precisamente un bo exemplo para a sociedade como Benito González, patrón Maior de Cambados e preboste do PP na vila,  e os exemplos citados me remito.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: