19 de abr. de 2012

OS VECIÑOS DE VILARIÑO SINTENSE ENGANADOS POR LUIS ARAGUNDE.- O BNG PRESENTA UNHA MOCION PARA O TROCO DA CENTRAL

Os veciños de Vilariño están en “pe de guerra”  porque se sinten enganados polo alcalde Luis Aragunde. O rexeitamento frontal a construcción da central ademais de por parte dos veciños, por parte tamén do BNG e do PSOE, os veciños atópanse coas mentiras, enganos a que os están a someter tanto o alcalde de Cambados Luis Aragunde e a conselleria de Insdustria da Xunta de Galicia, e non é que o diga eu senón que o propio presidente da asociación “O Batuqueiro” José Rodriguez deixouno clarísimo na
derradeira reunión desta asociación con comentarios tales como “Dixeronnos que non habia nada, e logo foron aparecendo cousas” ou “primeiro dixeronnos que as liñas ian ir enterradas e agora din que van ser aéreas”., ou “que non facia falta que montaran unha asociación para isto” ou “nos están toreando”. O rexeitamente a central está a medrar a pasos agigantados entres os veciños da zona e por suposto de Vilariño
Hoxe sen ir mais lonxe o Faro de Vigo alertaba ss veciños de Vilariño quenes se atoparon  cunha desagradable sorpresa mentres revisaban a documentación sobre o proxecto de Rede Eléctrica de España: tamén Gas Natural-Fenosa quere ampliar a súa subestación, para o que pretende construír un edificio de sete metros de altura, con capacidade para instalar varios transformadores de 66.000 kilovoltios cada un.
O proxecto de Gas Natural xa ten a licenza municipal “desde agosto de 2010” e ata pasaron os dous meses legais para presentar alegacións ou levar o asunto aos xulgados. 
No entanto, o presidente do Batuqueiro, José Rodríguez, sostén que os veciños non se van a quedar de mans cruzados e que van facer todo o posible por parar tamén a subestación de Gas Natural.
Tamén a Voz de Galicia fala deste angano do Alcalde os Veciños. Vilariño teme que as súas inversións ali no albariño vaian o garete e que estas centrais  vaia a incidir negativamente na súa saude.
O BNG de Cambados, e así o fai saber no seu blog, ven de presentar unha moción para o urxente troco da central a outro lugar. 
Luis Aragunde tense que mollar e non so dicir que está a favor dos veciños, porque entre outras cousas é mentira, o que ten que facer Luis Aragunde e poñerse a fronte dos grupos politicos e os vecinos e oporse frontalmente a instalación da central e do edificio de Fenosa.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: