14 de abr. de 2012

¡¡¡VILARIÑO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO!!! O BNG DE CAMBADOS APOIA SEN FISURAS OS VECIÑOS.

Onte tive a sorte de asistir o xuntanza da recen creada asociación “O Batuqueiro” de Vilariño presidida por José Rodriguez coa asistencia de máis de 100 persoas que abarrotaron o local social de Vilariño. Despois de dar lectura da anterior acta o Secretario da Asociación , polo presidente informouse amplamente da situación actual da  fraudelenta instalación dunha estación eléctrica de alta tensión. José Rodríguez foi moi claro e moi explicito cos veciños, afectados e asistentes e andivo sen tapullos a hora de informar, asi dixo que
no Concello en principio dixenronlle que non habia nada, despois si foron aparecendo cousas. Doutra banda tamén dixo que de Industria lle comentaron que en principio as liñas de alta tensión ian ir enterradas, logo xa lle dixeron que ian ser aéreas que a potencia ia a ser de 20.000 megavatios e que en realidade vai ser de 60.000. José Rodriguez dixo que tiveron unha reunión co Alcalde e despois de decirlle Aragunde “que non facia falta que montaron unha asociación para isto”, empezoulle dicindo que non sabian nada do tema, despois o pedirlle o alcalde copia do expediente dixolle que llo daban,  pera a día de onte da reunión ainda non lle foi facilitado alegando o Alcalde que o expediente estaba na copisteria (como se non houbera fotocopiadoras no concello). 
O Alcalde escapa dos veciños
Tamén lle dixo o Alcalde que a partir do mércores podian ver o Estudio de impacto medio ambiental que o parecer xa está no concello e que podian facer alegacións no prazo de vinte días. A voloración do presidente de Asociación despois de falar co Alcalde foi moi negativa e dixo textualmente José Rodriguez “Nos están toreando”, “Imos a meter presión”, “Temos un avogado nomeado que vai presentar un paquete de medidas en breve” . Rodriguez dixo que a postura do Alcalde con respecto o tema  e son palabras textuais é a seguinte: “Se encontran os veciños motivos para darlle para atrás o concello apoirá os veciños , senón non poden facer nada. Enseguida varios veciños asistentes dixeron  que se o Alcalde non quere “colaborar” hai que seguir adiante, Sabemos, dixo Rodriguez, que o concello está a poñer trabas a experiencia ate o de agora non é moi boa. José Rodriguez tamén dixo que segundo lle informaron non pode haber casas preto da estación eléctrica e en todo cado ten que haber como mínimo 1 metro de distancia por megavatio que dipoña a estación. 
Tamén informou José Rodriguez os veciños que a estación vai levar un refrigerante altamente cancerigeno e que tamén afecta os fetos e se a subestación vai ser hermetica entón necesitarian mais material refrixerante. José Rodriguez animou os veciños a protestar a facer presión social asi llo fixo entrever o avogado  alegando que a presión social e moi importante nestes casos supón segundo o letrado un 60% do éxito da reivindicación. A semán que ven José Rodriguez e demais directivos irán o concello para ver se lle dan copia do Estudo de impacto medio ambiental senón  solicitarana polos cauces legais e por medio do seu avogado. José Rodriguez tamén dixo que unha vez instalada a estación como ejemplo práctico puxo que non se poderá dar sulfato nas viñas co ventilador, tamén informou Rodriguez que unha das liñas vai pasar entre as vivendas que a que vai dar servizo a Vilalonga, O Grove etc.  Rodriguez tamén informou que a Asociación e apolitica e dixo tamén que Victor Caamaño se habia interesado polo tema o cal llo agredecian e que se excusara por poder asistir a asemblea. 
Interviu na asamblea a concelleira do BNG María José Cacabelos ,  quen dixo que apoiaban sen fisuras de ningunha clase os veciños e que todos tiñan que conciencirse que canta mais presión social mais posibilidades haberia de que non instalen a  estación. O presidente tamén dixo que   o concello ou a Xunta teñen que expropiar non lle vai tremer a man a hora de facelo, alarmando de que a situación do agro é mala e con cousas coma esta ainda se empeora máis. Un veciño tomou a palabra e dixo que si Alcalde  non vai a favor dos veciños , está claro que está en contra  , que neste caso non valian medias tintas. Un veciño tamén preguntou como o asesor xurídico do concello non lle asistia neste caso, o presidente José Rodriguez usando a ironia típica galega dixolle “E como poñer o raposo a coidar das ouvellas”.  Outro veciño, con moi bo criterio dixo que hai que tratar por todos os medios que o espazo non se declare de utilidade pública, o primeiro obxectivo que se debe de buscar perante a Xunta de Galicia. 
Por último outro veciño propuso invitar o Alcalde Luis Aragunde a vindeira asamblea do 28 de abril ás 20.30 horas no mesmo lugar, e a directiva acordou cursarlle invitación. José Rodriguez incluso bromeu co tema e dixo que "Eu teño un desfibrilador e non podo pasar por onde hai liñas de alta tensión. Non vou poder ir nin a Covas de Lobos".  Dende logo na asamblea palpabase malestar e tensión por parte dos veciños e amosaron que están dispostos “ a todo” contra a instalación desta estación.
Mentras o BNG de Cambados ademais de estar presente na xuntanza dos veciños con dous concelleiros, está a actuar a prol dos mesmos, a semana pasado Victor Caamaño estivo no concello interesándose polo asunto, Montse Prado da ejecutiva nacional do BNG tamén está a recabar datos sobreo tema e Victor hoxe presentou un escrito no concello que podes ver premendo AQUÍ.
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


1 comentario:

o quinto dixo...

vilariño unido xamais sera vencido jajaja de cada 100 veciños 150 son do pp teñen a foto do alcalde e a de franco na caveceira da cama e adorano