22 de xul. de 2012

O CONCELLO GASTOU 14.514 NO ENTROIDO

Como vos dixemos imos pouco a pouco contandovos en que gasta o concello de Cambados os nosos cartos, e si Luis Aragunde lle dera as actas da xunta de goberno conforme sinala a Lei (des dias despois de celebras) as novas serian de mais actualidade, pero como llas facilita o BNG con catro
meses de retraso temos que informar de certas novas atemporalmente. Hoxe traemos a colacións os gastos de Entroido que se desagregan da seguinte maneira:
Avelino González.
Actuación “El canto de un ciego”: 400 €
Premios en metálico concursos de disfraces: 1000 €
Actuación de Pepe Suevos: 618 €
Premios en metálico concurso de carrozas: 1200 €
Premios en metálico concurso de filloas: 700 €
Gas para o concurso de fillos: 66,35 €
Actuación de Asociación os Encerellados (dos días): 1.500 €
Actuacion de Avelino González: 700 €.
Montaxe materiais para plataforma carrozas entroido e motanxe e desmontaxe da carpa do enterro da sardiña a Automatismo e metal  SLU: 1416 €.
Pago de participación  desfile de 29 carrozas: 5.800 €.
Productos para degustación de postres do Enterro da Sarcdiña a CULINARIA: 260.31 €.
Pepe Suevos e Chon.
A Ceerrajeria Arosa  en concepto de motaxe e estructura do enterro da sardiña 354 €.
A Asociación Amas de Casa do Albariño  por elaboración de postres para o enterro da Sardiña 500 €.
O que fai un montante total de 14.514,66 €.
Non sei se vos parece, moito, pouco, ou regular para aquí tedes os datos para xulgar. Eso si, decirvos que nestes gastos non se incluen as horas extras e gratificacións de varios empregados do Concello de Cambados.

Ningún comentario: