22 de xul. de 2012

UNHA EXTRABALLADORA DOS MUSEOS DE CAMBADOS CONFIRMA O CAOS NOS MESMOS

Unha extraballadora dos museos de Cambados envionos unha carta dura, desgarradora e amosa moi as claras o que esta a pasar nos Museos de Cambados , omitimos algunhas verbas e algunhas frases para “evitar futuros problemas”, pero ainda
así como decimos é unha carta sobrecolledora. A carta ven a proposito do artigo publicado neste blog “A QUE SE DEDICAN OS EMPREGADOS DOS MUSEOS DE CAMBADOS?”
Aquí a tedes: 
"Boas tardes, son unha rapaza que estivo hai un tempo de bolserira nos museos de Cambados...e que vin como funcionaba os museos e quedei flipada do que tal vin. Perdona que non che diga como me chamo e que utilize este correo para contarche algunhas cousiñas. 
Acabo de leer o teu artigo no teu blog sobre os museos de Cambados e sobre esa empregada que che contou cousas sobre o funcionamentos dos museos...deberiades ter coidado porque como eu, vos e moitos que coñecen os empregados que están a traballar nos museos actualmente e por descarte podería saberse quen é...e igual se busca problemas a pobre "empregada" que creo que culpa non ten do fucionamento dos museos...como che digo eu deducín quen pode ser..igual estou equivocada pero podo supor...

Bueno, de todas as maneiras non era iso o que che quería comentar...cando leín o teu artigo veume moitas cousas á memoria, de cando estiven de bolseira nos museos. 

Moitos empregados do concello estiveron nos museos pero a mandona da sua directora fixo que pouco a pouco os empregados fosen solicitando outros destinos (biblioteca, a merced...turismo) por stress o por non aguantala....
Coñezo o caso de un deles.....Os únicos que aguantaron foron eses dous dos que falas, un deles, sen titulación especializada algunha é o que se encontra no Museo do Viño e que é o único que aguanta as manias da directora e que é como o seu "lacayo" e ela é a "raiña" do maravilloso mundo do museo do viño onde o concello non se mete para nada....son como dous entes totalmente diferentes e que no teñen casi relación excepto cousas pontuais. Un auténtico desastre como estás vendo. 

Luis pon esa cara cada vez que lle falan dos museos.
A xestión é pésima, non se enteran de nada, andan con secretismos continuos e no caso de que intentes aportar algo, no meu caso como becaria ou no caso dos empregados que estaban.... a señora-directora diche que está todo mal que non vales para nada e despois fai dela  o teu traballo (a min aconteceume). Eu leveino ben porque xa estaba curtida no tratamento a este tipo de xente pero a miña compañeira sufriu bastante os desplantes desa señora que se puña como alterada soamente por ver unha telaraña no teito ou porque o sonido dos audios estivera moi baixo ou moi alto...e poñíase a falar en voz alta...e recriminarte con adxetivos inadecuados. Acordome unha vez cunha señora da limpeza que me dixo que se puña nerviosísima, que non durmía cada vez que sabía que lle tocaba o turno de limpeza no museo do viño...e incluso chegou a chorar nunha ocasión por unha chamada de atención indebida.

Outra son as condicións dos museos....os museos son "entes vivos" non vale con facelos e deixalos ahí apodrecer....iso é o que lle aconteceu ós museo de Cambados, houbo diñeiro para facelos...e despois non gastaron nin un duro para mantemento. 
A Casa de Cabanillas ten carcoma por todos lados, a silla de Cambanillas, cae a cachos, a porta, os muebles...etc. creo que as paredes non se pintaron desde que se abriu. E o vídeo que teñen para os turistas está soamente en galego.

A casa-museo do pescador abriu, os fondos expositivos eran cutres....entraron a roubar non sei cantas veces e cerraron o museo...ainda así cando entraron a roubar a primeira vez seguiu aberto...de vergoña que a xente pagara para ver un museo cun discurso expositivo pobre, con persoal non especializado e sen pantallas explicativas.

O muiño de mareas...pufff! a min é o que mais me gusta pero non ten un baño!!!!!! e concederonlle o certificado de calidade turistica todos os anos!!! Cando estabas alí e querias ir o baño tiñas que cerrar, coller o coche e ir ata un bar (o mais cercano en fefiñáns) o que conlevaba que estivese pechado e se chegaba algún turista tiña que esperar...queixa...e etc....As veces a miña compañeira e eu xa ibamos ao monte....ah! a casa do pescador tampouco tiña baño, polo que tiñas que ir o baño do bar do lado: Consecuencia de todo esto: infección de orina. 

E o Museo do viño...os contenidos pésimos, as pantallas interactivas estropeadas desde vai ti saber cando, o rollo dos olores xa non ulen a nada...total xa escoite queixas de turistas de que gastaron diñeiro para nada. Ainda por riba o único empregado, que fai tamén visitas guiadas son aburridisimas. Non está preparado para iso. non sei agora pero cando estaba eu nin sequera sabía como funcionaba o word. 

Entre todo eso está a difusión que non fan, non promocionas algo tan elemental como visitas guiadas para estudantes, non se propón actividades, un mantemento...non sei....miles de cousas mais que se poderían facer e que eu polo menos teño moitas ideas. O único qeu fan son o curso da Uned do verán...e eso é o que fan durante todo o ano...preparar un curso do verán, que nin se quera organizan eles..ou sexa que aínda por riba o empregado e a directora fan moi pouco.  E do horario e mellor non falar porque apenas se cumple. E claro, se non se fai nada nos museos..non se proxecta nada....
Antes concedían bolsas de prácticas para os museos, antigamente eran 4 despois pasaron a 2 y agora concederon 2 tamén pero son para oficina de turismo e para Torrado que están con as exposicións temporais. Qué por certo que a señora directora dos museos de Cambados rabeou cando Torrado e Peña pasou a estar xerido polo concello. Para que vexas ti, Torrado e Peña lévanno dende o concello e o museo do viño lévao a señora directora. O que che decía que cada un por un lado.
Ah! o que che quería dicir e que houbo uns anos que sairon  as bolsas para os museos e nunca se daban cuberto, claro!todo o mundo sabía como era a señora directora e ningúen quería meterse ahí.

O que sí xa che digo, ninguén dos empregados do concello quere traballar no museo, polas rarezas da directora,  entón como todos saben iso, incluso os da policía local lle teñen un alcume (que non recordo) incluso o alcalde sabe que a señoriña é intocable....deixanna estar ao seu aire...cada loco co seu tema...e ninguén se mete no seu mundo. 

Como ves e como ti dicias é un caos do peor...a min ferviame a sange porque como licenciada que son, experta en museos e turismo e cando vin aquel petate flipei...o único que querían é que estiveras caladiña no museo (cambiabanche de museo cada tempo), as tuas funcións eran cobrar a xente que chegaba (moi pouca) e que levaras a estadística...non che deixaban nin andar no ordenador, nin levar un libro nin nada...como che chegara a directora e che vira facer outra cousa que non fose estar sentada mirando para as paredes, menuda bronca...o que sí é certo e que poucas veces se acercaba a ver como estaban os outros museos (aquí da para falar porque eu tiven una percance con ela e bueno...esto da para outro capítulo aparte)

Bueno...xa me desfoguei ... a verdade que estou moi queimada de cómo funcionas os concellos aquí (bueno, e supoño que en toda España) o enchufismo que hai, os incompentes e sen estudios, eu que me paguei os 5 anos de carreira traballando do que fose para estudiar, de pagar cursos no extranxeiro para ter un bo nivel de idioma de inglés.....e ao final que descubras que canto menos sepas mellor...que o que hai que ter e como se costuma dicir un "bo padriño" e que esteas na casa sen encontrar traballo do teu e que despois haxa esta clase de xente que sen estudio ningún esté levando un museo e un empregado que debe ter soamente a Egb......

Bueno...pois nada, fai o que vexas con esta información, eu soamente cho conto para que sepades como funcionan os museos, eu creo que todo o mundo dentro do concello sabe como funciona...os de fora do concello non o sei se saben pero deberían sabelo...por que habería que cambiar as cousas xá dunha vez.....

Pois nada....non me enrollo mais
Saudos"





2 comentarios:

ana costa dixo...

Todo o que aquí se conta é o normal en calquera centro que se precie coa administración de PP. Non me sorprende nadiña...

Anónimo dixo...

Compadezo a esta rapaza o que tivo que aguantar e ver!!!

O que viviu é o máis normal neste concello.

Así vamos!!!!!