28 de out. de 2012

A “PLATAFORMA NON A MASACRE DE CANS” MANIFESTASE NOVAMENTE DIANTE DA DEPUTACION

A plataforma informanos primeiramente  que o asunto xa está a tratarse no Parlamente Europeo, en parte grazas a deputada do BNG Ana Miranda.
E logo informanos que nos convocan novamente e outra vez
mais a toda cidadania galega  a que os acompañemos  o videniro dia DOUS DE NOVEMBRO en apoio aos dereitos e vida dos animais e en contra do convenio da Deputacion de Pontevedra.
Ao BNG de Cambados non lla "Sua"
LUGAR:
Pontevedra Cidade (diante da Deputación)
HORA DE INICIO:
- 18.00h:
Iniciación da convocatoria, onde habra exposición de fotos de todos os animais de protectoras e asociacións aheridas á Plataforma.
Demostración con Cans rescatados das protectoras e preparados para Terapias 
Cadros, realizados por artistas independentes de Belas Artes, con pinturas de animais( poderanse adquirir).
Queren  con todas estas novidades, facer participes a toda a cidadanía galega sen límites de idades.
-21.00h:
Concentración con lectura de Manifesto.
Seguindo a liña do  colectivo, será pacífica e silenciosa.
-23.00h:
Finalización de todos os actos.
Todas as persoas integrantes deste Colectivo, levaran camisetas deseñadas pola Plataforma co lema “A MiN NON MA SÚAN” en replica a famosa frase de Louzán “a min os cans sudanma”. 

A cidadanía que queira adquirir camisetas, o poden facer  a través do evento da páxina:
GÚSTAME PLATAFORMA NON A MASACRE DE CASN EN PONTEVEDRA, POR PRIVADOS.
Prezo venda das camisetas 7€, onde se investirán para o déficit monetario das protectoras,e, así poder cubrir as necesidades dos animais.
A Plataforma da as Grazas unha vez máis, por ser todos tan solidarios, defensores, amantes dos animais ,e, apoialos solidariamente en todas as suias accións!!!
Esperan , para que unha vez máis, todos unidos sexamos os seus portavoces.
Por eles e para eles, sempre os animais.

Ningún comentario: