16 de nov. de 2012

“SI RADIO", “VIVIR EN CAMBADOS” E "CONEXIÓN DANCE” RESUCITAN RADIO SALNES

Ismael, administrador de “Vivir en Cambados" contanos o seguinte na súa web:
“Fai máis dun ano que un grupo de veciños de Cambados
interesámonos polo funcionamento da radio local que, desde o noso punto de vista, non cubría ningún dos obxectivos para os que foi creada, xa que funcionaba como un simple repetidor doutra radiofrecuencia.
Ismael
Un ano no que, reunión tras reunión, démonos conta da enorme dificultade do proxecto e para o que buscamos o apoio dunha cadea con máis de oito anos de experiencia en radios locais como é Se Radio.
Durante todo este tempo un gran equipo de persoas traballou co obxectivo de dar forma a un proxecto que fose capaz de convencer aos responsables do Concello de que somos o grupo adecuado para levantar este dial. Quero recoñecer e agradecer que desde o propio alcalde, Luís Aragunde, como do seu equipo, nunca se nos pechou a porta a ningunha das nosas ideas ou preguntas, senón todo o contrario, axudáronnos a darnos conta do que leva a emisora municipal e facilitáronnos todos os contactos para que isto chegase a bo porto. Agora toca demostrar que é posible levantar o 107.9 e convertelo nun medio de comunicación con sede en Cambados e que emite para toda a Ría de Arousa.
Arousa Se Radio -Radio Salnés- está emitindo en probas desde o 107.9 desde onte. Invitamos a todos os veciños de Cambados a sintonizar a súa emisora e a seguir a evolución na programación que se irá implementando nas próximas semanas.”
A min pareceme unha idea brillante, a cal ten todo o meu apoio persoal e a miña colaboración por adelantado si lle fixera falta, agora ben espero,  que estando Ismael polo medio,  a radio vai ser libre, independente,  veráz, sen ataduras politicas e por suposto  amena e divertida e que lle faga dura competencia a “Radio Baldosa”.  Non quixera despedir esta nova sin facerlle o meu mais sincero recoñecemento a Susana Figueiras quen como pudo e sin medios mantivo cunha chama de esperanza e  co súa agradable voz en antena mentras tivo forzas a  Radio Salnes.


2 comentarios:

A TI MEU CAMBADOS dixo...

ISMA PADIN DIXO: Moitas grazas polos ánimos Chon, porque van a facer falta. Non falo só por min, senon por todo o equipo que está comprometido en facer unha radio seria e honesta. Traballaremos para dar unha voz a Cambados coa ilusión de que esa voz se extenda a otros concellos da comarca. Non vai a ser un traballo fácil, xa que hai moito por facer, pero espero que nos proximos meses se poda apreciar unha mellora xeneralizada na radio local.

Persoalmente espero a colaboración tanto de partidos políticos, asociacións e colectivos que hai no noso pobo, son tempos nos que hai que aproveitar calquer impulso, por pequeno que sexa.

Noutro orden de cousas vou a ter que enviarche outra foto, que nesa, feita despois da carreira, teño a cara desencaixada polo esforzo, e non me favorece nada jajajajajajaj....e non están as cousas para non sacarse partido a un mesmo jajajajajaj.

Un saúdo. Isma Padín

Manolo dixo...

jajaja,Radio Baldosa,que bueno,eu ainda estaba pensando que era radio villagarcia.