“Paco o de Xenxa”, Trianero de pro, cumpre 60 anos. Paco é todo un fenómeno da natureza, xa de moi neno destacou pola súa sabedoría e intelixencia. Andando na escola da filla de Magariños, todos pasaron “pola piedra”, menos él porque o sabia todo. Os trianeros estamos moi orgullos de haber tido e ter como veciño a este erudito da nosa terra, amante e
defensor do galego e da nosa terra.
defensor do galego e da nosa terra.
![]() |
| Coa súa admirada nai. |
Relizou a carreira de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a licenciatura en 1974.
Desde 1973 forma parte do Instituto da Lingua Galega (ILG), como investigador e membro do equipo de redacción do Atlas Lingüístico Galego e como responsábel do Arquivo do Galego Oral que posúe este centro. Dentro dos eidos de actuación do ILG traballou, así mesmo, como corredactor das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego en1977, que constituirían os alicerces das que se aprobaron en 1988.
A parte da súa actividade no ILG, Francisco Fernández Rei colabora tamén con numerosas asociacións e entidades relacionadas con diferentes linguas románicas, especialmente o galego. En 1978 participou na fundación de Escola Aberta e en 1984 contribuíu á creación da Asociación de Tradutores Galegos.
É membro, así mesmo, do comité científico da Sociedade Internacional de Limba Sarda, do plenario do Consello da Cultura Galega en representación do ILG, do Padroado da Fundación Sotelo Blanco, do Museo de Antropoloxía, do Museo do Pobo Galego e da comisión da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias.
![]() |
| Na academia |
Tamén hai que destacar a súa participación en distintos encontros e congresos sobre o galego e outras linguas románicas minorizadas e ten publicado artigos en diferentes revistas culturais galegas, como A Trabe de Ouro, Revista da Filoloxía Románica, Cadernos da Lingua ou Grial.
![]() |
| Participando no seu pobo |
OBRA:
Ensaio
* Lingua galega (1985), manual para COU.
* Dialectoloxía da lingua galega (1990, Xerais).
Obras colectivas
* Homenaxe ó profesor Constantino García (1991), coa profesora Mercedes Brea e realizado polo departamento de Filoloxía Galega da universidade compostelá.
![]() |
| O carón de Méndez Ferrin |
* A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego (1996), audio-libro publicado xunto a Carme Hermida.
* Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas (1999), publicado xunto a Antón Santamarina Fernández.
* Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003), Consello da Cultura Galega.
* 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento.
![]() |
| Lendo o seu discurso na homenaxe a Cabanillas organizada por U.G.CH |
* Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
PREMIOS
* Premio Antón Losada Diéguez de investigación no 1991, por Dialectoloxía da lingua galega.
*Tamén recibiu das mans dos libreiros de Cambados un premio que lle fixo moita ilusión polo nome do premio e porque llo daban na súa terra, foi o Premio Ramón Cabanillas que todos os anos conceden as librarias Contos e Cabanillas.
*Tamén recibiu das mans dos libreiros de Cambados un premio que lle fixo moita ilusión polo nome do premio e porque llo daban na súa terra, foi o Premio Ramón Cabanillas que todos os anos conceden as librarias Contos e Cabanillas.
No ano 2006, a desaparecida Asociación Unha Grande Chea , fixo no auditorio de Cambados unha homenaxe a Ramón Cabanillas no que participou Francisco Fernández Rei, lendo un brillante discurso titulado "Ramón Cabanillas Galego Ilustres esquecido", que calqueira día publicaremos íntegro neste blog, nese discurso paco dicia:
"Tamén me gustaría que o 9 de novembro de 2009, data do 50m aniversario da morte do poeta , existise unha fundación (ou un instituto de estudos ou algo similar), que leve o nome de Ramón Cabanillas e que se ocupe da súa obra e da cultura galega...". Ese homenaxe de Unha Grande Chea que foi o xerme principal do ano cabanillas, lanzou Paxo esa reividicación que ainda hoxe en día non se le vou a cabo, pese as promesas do Alcalde Luis Aragunde, que non cumpre ni unha sua das súas promesas.
![]() |
| Coa deputada do BNG Montse Prado e co expresidente de U.G.Ch "Fico". |
Os meus parabéns e a miña admiración por este Trianero tan singular.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
2 comentarios:
¡FELICIDADES PACO! Eres un dos poucos homes bos que tuven a sorte de tratar, coidate, unha aperta.
Genial este artigo. Admiro moito quando fas chegar a todos os teus cambadeses que seguem o teu blog este tipo de cousas. (E como futura filóloga aínda moito máis este artigo em particular. ;))
Por outro lado, espero que a publicaçom do discurso completo nom se faga esperar moito.
Publicar un comentario