19 de xan. de 2013

A VOZ CÉBASE CO BNG, CANDO ELES TAMÉN TEÑEN PROBLEMAS LABORAIS. BASTA XA DE MANIPULAR INFORMACIÓN.

Está claro que Voz de Galicia, e cando falo da Voz de Galicia neste caso falo a altos niveis, que non se me enfaden os meus amigos de Arousa,  é dicir de Santiago para arriba, estase a cebar co BNG e coa súa reforma laboral. Non lle chegou a “cafrada” que lle fixo durante as
eleccións autonómicas pasadas “afastando” de xeito descarado a formación frontista, en beneficio doutras organizacións, senón que agora, case a diario está a informar da situación laboral do BNG, como se BNG fora a única organización que tivera problemas laborais. Está ben que alicerzándose no principio da liberdade de expresión teñan dereito a informar sobre este problema laboral, pero sacalo en titulares en Galicia todos os días  e unha “persecución”, cando eles a propia Voz non informa dos problemas laborais da súa propia empresa. 
Por que a Voz non nos di os lectores do periódico que por exemplo que o xornal máis importante de Galicia (La Voz de Galicia) tamén despideu de xeito masivo aos seus traballadores. Unha situación inédita nos seus 130 anos de vida que lle tocou xestionar a un equipo directivo liderado por José Luis Vilela e que conta co visto e prace do seu editor, Santiago Rey, lido en Galicia confidencial. Ou que  A Voz pacta cos seus traballadores unha redución do 3% dos salarios tamén lido en Galicia confidencial ou por exemplo esta noticia fechada en marzo do ano pasado “La Voz de Galicia” despedirá ó 15% de súa plantilla  pese a recibir 2,57 millóns de euros en 2011 da Xunta de Galicia. En fin poderiamos seguir buscando titulares de escándalo dos problemas laborais da Voz de Galicia, pero non vos imos a aburrir. Pero, en troques, preguntámonos, porque esta dobre vara de medir denunciando case  a diario os problemas do BNG e dos problemas laborais da Voz témolo que ler noutros medios. Por que esa fobia ao BNG, Por que ese peloteo constante a Feijoo, iso Sr. Rey non é nin dun periódico serio, nin dun periódico veraz iso mais ben corresponda a caverna mediatícea da dereita española. Basta xa de demonizar os demais cando o demo (do paro neste caso) témola tamén na propia casa. Debian de empregar mais tempo en denunciar a corrupción do PP que os problemas laborais do BNG.


Ningún comentario: