19 de xan. de 2013

GONZALITO, O MOMO DEBÍAS SER TI

O ínclito alcalde de Vilanova de Arousa,  quería o quere queimar a Abel Caballero na festa do Momo que se celebra cada ano na súa localidade, non vou ser eu quen saia en defensa do socialista vigués, xa ten os seus
defensores,  pero é sarcástico que este elemento que teñen como Alcalde de Vilanova queira queimar a  seu homónimo de Vigo, cando él cortador de liberdades onde os haxa e ademais imputado pola Fiscalía de Pontevedra por un presunto delito de de prevaricación por “enchufismo continuado”, el era o que debería arder na fogueira na festa do Momo, facéndolle así compaña a Hugo Chávez, Berlusconi e Belén Esteban, entre outros moitos.  E si non quere ser el o queimado ten onde escoller no seu partido, pois mesmamente a Louzán, Feijoo, Rajoy ou Bárcenas que estes días esta moi de moda. Pero Gonzalito, Dalton Jr. , non quere queimar a ninguén do PP., se o fixera demostraría que ten sentido do humor, cousa que dubidamos.


1 comentario:

o quinto dixo...

pois haber si se levanta de dormir a siesta o fiscal ou a quen ñe corresponda, e investiga o noso luisiño por enchufismo descarado e continuo a traballar no concello,e obras sin plano nin permiso de ninguha clase pos pega papeles do reximen, e podo dar nombres a montes marcialiño benitiño modestiño etc etc