19 de xan. de 2013

MOTOS VELLAS DO SALNÉS E ROSI DANLLE UNHA LECCIÓN DE HUMILDADE A ARAGUNDE

PRESENTARON CONXUNTAMENTE A EXPOSICIÓN DO DIA 27.
RAFA:  “O GRAN AUSENTE”.
Como lle houbera gustado a Rafael Blanco estar nos preparativos e na posterior inauguración da exposición que a partires do 27 de Xaniero teremola sorte de ver no Salón de Peña en Cambados, estaria mou orgulloso da súa asociación e dos seus compañeiros  que traballaron de arreo pensando nel para achegar esta exposición o gran público. 
Cen motos traen a Peña,  recordos centenarios de O Salnés e solidariedade.
Máis dun centenar de motos clásicas aparcarán o domingo 27 de xaneiro no salón de congresos e exposicións de Peña. Algúns modelos centenarios pero todos cun mínimo de antigüidade de 40 anos e pertencentes aos socios do Club Motos Vellas do Salnés, incluídas as vespas do seu secretario, Rafael Blanco, desgrazadamente  falecido en 2012.
Trátase da exposición “As motocicletas na historia do Salnés”, a máis potente desta asociación que leva máis de 15 anos promocionando a restauración e uso destes vehículos que “tanto significaron na nosa historia, xa que foi o medio de transporte máis utilizado durante moitos anos na zona”, explicaron os seus responsables.
A exposición de motos clásicas, que a asociación Motos Vellas do Salnés organiza en homenaxe a quen foi o seu secretario, o tamén portavoz municipal do PSOE, Rafael Branco Guerreiro,  fixeron onte a súa presentación,  na imaxe, a viuda de Rafa , Rosi Martínez, sobre unha Vespa de 1963 que pertenceu ao seu marido, e o alcalde, Luís Aragunde porta un casco que pertenceu a Rafa. Moitos ainda non esquecemos aquela burla de Aragunde nun pleno municipal  estándo Rafa prácticamente no se leito de morte sobre as faltas de ortografia, que a súa compañeira de partido Fatima Abal en sentido homenaxe tan magistralmente lle lembrou no seguinte pleno a Aragunde botandolle na cara  que nun prego de trinta liñas el tamén  cometera mais de 30 faltas de ortografia, Aragunde pideu perdón coa boca pequena, pero ainda así, os integrantes de Motos Vellas e Rosi quixeron que estivera na presentación da exposición, de seguro como tamén houbera querido Rafa, unha verdadeira lección de humildade a que lle deron onte a Aragunde.

COA LICENCIA DE  RAMÓN CABANILLAS:
"RAFA, DORME DEITADO O SOL, A VEIRA DO MAR..."

Ningún comentario: