19 de xan. de 2013

NON ATENDEN A UNHA SEÑORA DE 93 ANOS NO PAC DE CAMBADOS PESE O REQUERIMENTO DUN FAMILIAR

Un amigo do Facebook denuncia hoxe o seguinte e citamos textualmente:
Hoxe  dirixome o PAC de Cambados para que veñan a visitar a miña aboa que está encamada, a contestación que recibo é que chame ao 061 que eles valoraran. Chamo o
061 e din que non é así como funciona que tiñan que atender no PAC, pero por telefono eles poñenme cunha doctora e con moita educación atendeme pero pretende que eu faga de médico, o que lle replico que son carniceiro e que cando alguén quere que lle compre un tenrreiro llo vou a ver e non o merco por telefono. Bueno con todo isto e mais discusións a miña aboa non a veu a visitar ningún médico, non sei si porque ten 93 anos hai que deixala morrer sen atención ou polos recortres, pero polo que sexa xa me da medo chegar a  maior “VIVA O PP, OS SEUS RECORTES E A P....... MADRE QUE LOS PARIÓ E O QUE SE MOLESTE QUE SE  JODA E ESPERE A QUE LLE TOQUE A UN FAMILIAR E DESPOIS DIRAME”. J.V. 
Accións como esta,  de agora en diante imos ter a centos e non vaiades a pensar que a culpa teñenna os médicos ou a ambulancia,  nada mais lonxe da realidade, non iso non é así, eles o quen  fan é cumprir un protocolo que lles ordena a Conselleria de Sanidade gobernada como todos sabedes polo PP. Facemos publico isto como exemplo vivo do que nos espera, pero nada seguir votando a estes impresentables, que nos irá moi ben. Eles facendose ricos con sobresoldos de 10.000 euros e a poboación "que lle dean".

Ningún comentario: