15 de feb. de 2013

RAJOY OFENDE ÓS NOSOS ILUSTRES POLITICOS LOUZAN E TOURIS

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
  Fai pouco mais dunha semana, o presidente de goberno do estado, Mariano Rajoy,
 compareceu nunha roda de prensa,  a raíz do escándalo do caso Bárcenas, onde, presuntamente (segundo conta a información amosada polo xornal “ El Pais),  altos cargos do PP (entre os que se incluiría o propio Rajoy),  beneficiáronse durante anos de sobresoldos en efectivo e  non declarados a facenda.
      Da roda de prensa pouco que destacar; Rajoy fiel ó seu estilo covarde non é xa que non aceptase preguntas dos xornalistas (cousa tristemente habitual no que se supón que é un  presidente elixido democraticamente e que se debe ó pobo), senón que nin sequera estaba na mesma sala de prensa que os xornalistas, tendo estes que seguir a súa comparecencia a través dun monitor,  amosando de ese modo unha grave falta de ríspeto a todos os medios de comunicación alí congregados; ¿a que ten medo ó señor presidente de España? ¿é que Rajoy non é capaz de mirarlle a os  ollos  a os xornalistas mentres conta a “súa verdade”;  nin sequera cando os presidentes das potencias occidentais viaxan a países en guerra como no caso de  Iraq e realizan  rodas de prensa en dito territorio hostil, tomaban tantas medidas de seguridade, sen ir mais lonxe basta recordar o incidente no que un xornalista lanzoulle un zapato ó entonces presidente dos Estados Unidos, George Bush.
      Rajoy negou  as informacións publicadas polo xornal, falou de transparencia no seu partido e de escuras intencións por parte de terceiros pero a min persoalmente  o que mais me ofendeu foi a referencia a súa actividade profesional como rexistrador da propiedade para apelar a súa honradez, vindo a dicir que (e cito textualmente): “yo ganaba mas dinero en mi profesión que como político (...) vine a la política perdiendo dinero”.
      ¿Que queres dicir Mariano? ¿que só, a xente rica, de gran poder adquisitivo coma ti pode dedicarse á política, demostrando a así a súa honradez?.¿Acaso insinúas, Mariano, que a xente de extracto mais humilde non pode dedicarse  á política porque van exclusivamente a encherse os petos?,   Inmediatamente  pensei en dous dos mais ilustres políticos da nosa comarca e máximos representantes de Pontevedra como son o presidente da Deputación Rafael Louzán e o superdelegado da Xunta na provincia, Xosé Manuel Cores. 
      ¿Que queres dicir Mariano? ¿que estes  dous “ilustres” señores procedentes de profesións  mais populares   como son bedel, (no  caso de Louzán), ou do sempre duro mundo do agro (no caso de Tourís),  viñeron  à política a enriquecerse?; profesións, sexa dito de paso, tan nobres e honradas coma a túa  de rexistrador da propiedade. 
      ¿Que queres dicir Mariano? ¿que acaso estes políticos polo feito de gañar moito menos nas súas primitivas ocupacións  veñen à política para sacar tallada xa sexa e forma legal o ilegal?
      ¿Acaso Mariano insinúas que os meus “admirados” Louzán e Tourís, son coma eses deplorables políticos corruptos que cobran comisións a cambio de outorgar obras ou de adxudicalas  directamente a empresas “amigas”. 
      Non Mariano, non, Louzán e Tourís non son de eses políticos que evaden capitais, que teñen propiedades en Latinoamerica ou que cando chegan as eleccións autonómicas, viaxan, por exemplo, a Arxentina, buscando o voto emigrante e repartindo sobres de 300 euros. 
      Estou seguro, segurísimo de que estes grandes políticos viven unicamente do seu soldo sen caer nas malas tentacións nin no diñeiro fácil, vamos, estou tan seguro de elo como de que  Rosa Oubiña leuse as obras completas de Miguel de Cervantes, de Benito Pérez Galdos ou de Vicente Blasco Ibañez 
      Síntome profundamente anoxado pola comparación desprezativa que fixo Rajoy e, seguro que, se mañá mesmo, se aprobase unha lei na que todos, absolutamente todos os políticos tivesen que declarar o seu patrimonio e o da súa familia cando chegan e cando se van da política, Louzán e Tourís estarían do mais contentos con tal medida.
      Mariano, eu que coñezo ben a Tourís e a Louzán, sei que non lles puideron sentar ben as túas declaracións, é como poñer en dubida toda a súa traxectoria política............ ben, vale, da cordo que non é moi extensa dita traxectoria, que non comezaron dende as bases que mais ben souberon arrimarse a Tirado e Nene, respectivamente, e unha vez que estes tiveron problemas  “si te he visto no me acuerdo” pero iso non é motivo pra dubidar da súa honorabilidade.
      A Tourís e Louzán poderemos acusarlle de outras cousas, como por exemplo, de seguir gobernando Cambados e Ribadumia, aínda que sexa a través de alcaldes de palla incompetentes como son Aragunde e Peña pero, por favor, Mariano, non poñas en dubida a súa honradez. Tourís e Louzán, Louzán e Tourís, están en política por vocación, por axudar os cidadáns a costa do seu sacrificio e nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos. 
       ¿Que na provincia de Pontevedra hai mais de 115.000 parados? (datos do SEPE, xaneiro 2013), moitos con risco de exclusión social, pois non pasa nada; para iso está Louzán, que, gastándose case un millón de euros de todos os pontevedreses,  trae á selección española de fútbol ao Pasarón; estes parados quizais non teñan que darlle de comer aos  seus fillos pero ¿ e o que van presumir nas colas do INEM por ver en persoa a Casillas, Xavi e compañía? 
      ¿Que os empresarios hostaleiros quéixanse da crise e de que non da visto a luz ó final do túnel? Pois nada,  aí está Louzán  para afundilos un pouco mais na miseria, facéndolles competencia desleal coas pousadas a conta dos seus propios impostos, impostos que cada vez lles custa mais pagar. 
      ¿Que o colexio Magariños ten graves deficiencias? pois non pasa nada, inverter en educación en unha parvada, mellor que a Deputación destine eses  cartos á remodelación de   unha entidade privada como a Sociedade Cultural en vez de pensar na seguridade dos alumnos de dito centro.
      Mariano, coas túas declaracións ofendiches aos nosos dous máximos representantes; no caso concreto de Tourís, co orgulloso que estamos de el, con esa planta de galan de actor de cine, ese “sex appeal”, esa presenza ¡non poderiamos estar mellor representados!....... en canto a Louzán, guapo, o que é guapo non é pero é un belísima persoa, mira que leva tempo o desvergonzado de Chon atacándoo (a maioría das veces con razón) e que fai Louzán, santo varón, cando o ten diante pois, como bo cristián, poñer, simbolicamente a outra meixela  e invitarlle a tomar un café nunha clara actitude reconciliadora .... a este home mandámolo a Oriente Próximo e resolve o conflito Judeo - Palestino en 24 horas... bo iso ou acaba colocando na administración israelí á xente de Ribadumia que aínda non está traballando na Deputación. 
      So espero que Rajoy rectifique e saiba  respectar a todo o mundo sexa cal sexa a condición laboral ou social, aínda que coñecendo ó personaxe difícil o vexo. 
      UN SALUDO A TODOS
      
                          RICARDO DOMINGUEZ REY
      
      

1 comentario:

JoMa dixo...

Quen di a verdade nin peca nin minte e inda por riba invitan a un café, eso si o sobre (de azúcar) xa o poñen eles para non perder as costumes.