6 de abr. de 2013

CALGÓN-TOURÍS,

 POR XAN GALBÁN.
Cando me preguntan os meus amigos de fóra do Padornelo que non estarei esaxerando cando digo que os galegos estamos colonizados culturalmente pola cultura española, eu sempre lles contesto cun
pequeno exemplo que me pasaba sempre que vía a televisión galega nos intermedios cando no mesmo corte aparecía un anuncio ben horrible pero popular que vendía caliza para as terras de cultivo "Ramón,o Fertimón" e pouco despois saía o de Calgón cun fontaneiro ensinando unha tubería dunha lavadora chea de cal que corroía e obstruía a entrada de auga e polo tanto era mais barato botarlle o producto que chamar ao técnico (que nolo digan aos de Cambados que o técnico vinha sempre de Vigo e cobraba a todos o desplazamento). 
Ou arre ou xó,as dúas cousas á vez é pura contradición pero logo ías a un centro comercial e alí estaba,nos ultramarinos de barrio ou aldea nunca os vín polo que o que dixo o Beiras nunha tele local de Vigo"os pailáns hoxe,están nas Cidades" ten toda vixéncia. Pero Calgón-Tourís é de aldea, a aldea menos poboada de Cambados,Oubiña,quería prosperar a conta do que sexa e de quen sexa,o listo,o rapás aventaxado que chegara a propórse como candidato ideal pola súa aldea ao señorito de" Neghosito" ex de Conselleiro de Xustiza de D.Manuel,exalcalde de Cambadose exfascista colaborador do rexíme dictatorial de Franco,tantos exs; era ideal, o exalcalde que os seus fillos non podían estudar na Vila por que “son brutos y hablan mal” e foise a vivir a Pontevedra-o Bloque persíguelle-Tirado,o próximo Alcalde da vila de Asorey e mestre nacional sabe das mañas do rexíme franquista e caciquil e o único que fai é seguir esa estela que se interrumpira no 79. O campo abonado para os Cagóns-Tourís para medrar. Chega a Alcalde por rebote e medrou,pero o gran salto faino con Nuñez Feijoo,unha alma xemelga,e medra mais e mais por que a podremia tamén medra,tén un callo en Oubiña e non entende que co que medrou non arrase na Aldea por ese callo,el demócrata,xa fai coma os señorítos,"esto é meu e fago o que quero"pero non deixa de ser unha fraude de político,A MAZA,amais de lle dar un señorío ao fundador de FENOSA,dálle o título a este senhor:CALGÓN-TOURÍS
Un artigo de Xan Galban Galinanes

Ningún comentario: