23 de xuño de 2013

A VERDADEIRA HISTORIA DA ADEGA AGNUS DEI

LOUZAN ESTIVO VINCULADO A CREACIÓN DESTA ADEGA.
FIXERON NEGOCIO CON CARTOS PUBLICOS, SEGUNDO DENUNCIOU NO SEU DIA  “NOVAS DE GALIZA”.
Hoxe un periódico de “cuyo nombre no quiere acordarme”, publica que a firma Freixenet consolidase na denominación de orixe Rias Baixas despois de mercarlle a Adega a “Vinus Terrae”, unha nova que agás o sector do viño a xente “resbalalle”, pero quen era Vinus Terrae?, imos tirar un pouco do fio. 
Horacio Gomez con Feijoo e Louzán
Vinum Terrae e únha empresa que  crearon Horació Gómez, expresidente do Celta que chegou a ter o 50% das adegas Agnus Dei, xunto, amarradevos os machos, co expreesidente de Caixanova Julio Fernandez Gaioso e o exalcalde de Ourense do Partido Popular Manuel Cabezas, todo isto segundo a revista Economia digital. E Agora entra en liza Louzan, segunda a prestixoisa revista galega “Novas de Galiza” no seu número 23 publicaba textualmente o seguinte: Unha das mercantís a que está vinculado Rafael Louzán é Adegas Agnus Dei, da que é socio maioritario Horacio Gómez, expresidente do Celta  e quen tivo cargos tamén no Partido Popular en Vigo. A adegas Agnus Dei  estaba administrada oficialmente por duas persoas vinculadas a Rafael Louzan. Agnus Dei naceu cun prestamo de 500 millóns de pesetas (tres millóns de euros) que a Xunta de Galicia  dou a fondo perdido. 
Gaioso con Louzán
Agnus Dei o 3 de Agosto de 2002 recibe o segundo premio na festa do Albariño de Cambados (vaia casualidade), acto que estivo presidido por Manuel Fraga estando presentes tamén a daquela ministra de Saude Ana Pastor, o conselleiro de xustiza Xesús Palmou, e estando presente o propio Louzan como testigo o es alcalde Touris de quen se remoreou tamén que estaba no negocio, pero ficou sen confirmar, o galardón  recibiuno horacio Gómez en representación de Adegas Agnus Dei”.
Segue decindo a mesma publicación que Louzán está vinculado mediante terceiras persoas a varias constructoras inmobiliarias, forestais, agrícolas e vitivinicolas que nos derradeiros anos aumentaron o seu valor de ventas en mais do 100% grazas en parte a subvencións que reciben da Deputación que preside. 
O calvo cun par de huevos
Agora a “nosa amiga” Sainz de Santamaria na nova reforma da administración quere recortar todo menos as Deputacións Provincias que son verdadeiros niños de corrupción, pero tamén  viveiro de votos do seu partido.
Todo esto evidentemente foi publicado por periodicos dixitais, nos periodicos convencionais se o publican perden a subvencións da Deputación. Onde está a veracidade? O peor de todo e que estos energumenos seguenos gobernando e para eles Dimitir si é un nome ruso.

1 comentario:

MANUEL dixo...

¿tres millóns de euros a fondo perdido da xunta de galicia para a constitución de unha empresa rexida por "presuntos"? Queixámonos de Barcenas & company e aquí na nosa terra polo que se vé e se escoita ( se é verdade claro)habría que meter a mais de catro na cadea e tirar a chave o mar, non sin antes quedaran sen un peso nin propiedades nin eles nin os seus testaferros. A xente está "pasando de todo", ou os que teñen cartos teñen o poder (que é así por desgracia), ou os que non teñen cartos e creen ter a verdade teñen medo que despois veñan os fiscais e tiren os castelos de naipes.