O CONCELLO DE CAMBADOS RETIRA SEN NINGUNHA EXPLICACIÓN A DOUS GRUPOS CAMBADESES DO CONCERTO DO DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA.
![]() |
Stand By |
“”A nos ofrecéronnos tocar no festival, pareceunos unha boa oportunidade e aceptamos a espera de coñecer as condicións. Finalmente tivemos cancelar a actuación xa que a pesar de levar mais de un mes anunciados no programa ninguén se puxo en contacto con nos para concretar as condicións. O unico que conseguimos nós poñéndonos en contacto cos responsables foi que nos desen largas e entrever que non iamos cobrar por tocar, polo que decidimos cerrar outros concertos sobre seguro e non facer malabares cos compromisos laborais dalgúns dos integrantes.
Entendemos que o concello é libre de organizar un evento e pedir colaboración ós grupos locais, pero cunhas condicións ben claras dende o principio para que os grupos decidamos se nos compensa ou non en vez de publicar a nosa colaboración sen nós ter nin idea de como se iba facer. Así mesmo parecenos un desprecio aos grupos da casa a actitude remolona á hora de ofrecer unha axuda económica aos grupos, por simbólica que sexa, mentres se gastan miles de euros noutro tipo de eventos musicais e culturais.””
Tamén nos diriximos a Stanb By pero a persona que nos falou dixonos que el non estaba autorizado para facer declaracións e teria que reunir ao grupo que si daba tempo pasariannos unha nota, pero ata o intre da publicación da presente non nos pasaron nada, se o fixeran tamén a publicariamos. De todos xeitos do propio facebook do interlecutor deixa preveer unha enorme decepción.
![]() |
David Falcon |
E que conste que non haixa malas interpretacións, nos non temos nada con David Falcón, Rubi, Devalde e Black Stones, todo o contrario os dous primeiros sempre os apoiamos dende este blog e sempre tratamos, cando sabemos, de publicitar as súas actuacións.
Por certo aproveitando o post decir que este sábado "NOITE FECHADA" volve a vila veciña para dalo todo no Pub Maremagnum Villagarcia, onde sacaran a paseo o seu repertorio de rock n'xebre co que eseran pasedes un bo anaco.
Por certo aproveitando o post decir que este sábado "NOITE FECHADA" volve a vila veciña para dalo todo no Pub Maremagnum Villagarcia, onde sacaran a paseo o seu repertorio de rock n'xebre co que eseran pasedes un bo anaco.
1 comentario:
LUISIÑO, deberías estar no FMI, so queres escravos, imbéciles, ineptos, cretinos... ENTÉRATE DUNHA VEZ, TODO MUNDO TEN OS MESMOS DEREITOS QUE TÍ A COBRAR POLO SEU TRABALLO. Deberías dar explicacións no Pleno de como funciona a conselleria de Cultura en este Cambados.E douche unha idea para o fin de festa, reune a corporación e ide tocala gaita diante da "estatua", sería perfecto.
Publicar un comentario