20 de out. de 2013

MENTRES O COLEXIO MAGARIÑOS ESTÁ CAENDO A CACHOS...

...LUÍS ARAGUNDE FAI UNHA COMIDA PARA XUBILADOS DE MAIS DE 30.000 EUROS.
Que os que nos gobernan non teñen vergoña esta mais que claro. Cantas veces tedes oído
¡Non hai cartos! ¡Estamos en crise! Etc., por parte dos ineptos que nos gobernan. Moitas  verdade?, pero os feitos son teimudos e lévanlle a contraria a estes dirixentes de pacotilla que temos. Todos sabedes que o Colexio Magariños é un verdadeiro desastre pese a que a súa directora, o consello escolar e a Ampa, están pedindo por activa e por pasiva que se repare. Luís Aragunde sempre lle di o mesmo que non hai cartos, que hai que esperar, en troques onte uns 600 xubilados dábanse unha “cuchipanda” no pavillón do I.E.S. Ramón Cabanillas,  a conta de todos os cambadeses invitados por Luís Aragunde, Louzán , Tourís, Rosa Oubiña etc, con
grupos musicais, fogos, discursos de rigor e tc. Máis de 30.000 euros nun xantar para encherlle o bandullo os xubilados que son os que realmente teñen o poder pois mércanlle a súa vontadee gañan o seu voto,   en troques os nenos non votan,  e que mais lle da a Aragunde, a Louzán e a Tourís que o Colexio Magariños caia a cachos. 
Aparte estes elementos son uns maleducados, porque nunca cumpren o protocolo pois só invitan a políticos do PP a oposición que “lle dean”. O dito non teñen vergoña, por dicir algo suave.


1 comentario:

MANUEL dixo...

DAME PAN E CHÁMAME CAN.Os vellos que acuden a estes eventos o fan por diversidade de criterios, mais os que fan estes convites só teñen en mente os votos, o poder e alguna que outra estúpida idea sobre o funcionamento da sociedade. Sinto que ainda fiquen pensamentos como o encabezado deste comentario.Que pena de abuel@s , pais e nais que prefiren encher o bandullo a costa de cartos que, ben xestionados, darían de comer a quen de verdade o necesita, ou arranchar colexios, ou....(sobra donde investir os cartos de maneira responsable). POLÍTICA RASTRERA É A QUE ESTÁN A EMPLEAR ESTOS POLÍTICOS QUE DENIGRAN A DIGNIDADE HUMANA.