16 de out. de 2013

SUPER ESCÁNDALO EN CAMBADOS, O BNG DESTAPA O TEMA.

O ALCALDE LUÍS ARAGUNDE LEVANTA UN MURO ILEGAL A PE DE PRAIA.
O ALCALDE É UN INCOMPETENTE E DEBE PRESENTAR A SÚA DIMISIÓN.
O ABUSO DE PODER É UNHA FORMA DE PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA.
O BNG de Cambados, ven de denunciar o que creemos pode ser o escándalo mais grave de Luís Aragunde como Alcalde de Cambados despois do asunto do “Pinal de Maza”. Os nacionalistas denuncian que no Lugar de Sartaxes (Castrelo), concretamente na liña de costa que vai entre Bico da Rá e a Praia das Saíñas (achégase fotografía de situación e de detalle) o concello,  comezou a construción dun muro de perpiaño de aproximadamente 35 m de longo. Como dita construción  está directamente sobre a mesma praia e dentro do Espazo Natural Protexido, resulta preceptivo para a realización de dita obra, os correspondentes permisos do Servizo Provincial de Costas e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Debido ás
características desta obra, os nacionalistas dubidan moito de que ámbolos organismos concederan o permiso pertinente para realizala e, segundo as informacións de que dispoñen, trataríase dunha obra ilegal, o que o BNG considera un asunto moi grave. Considerarían grave que unha Administración non dea exemplo ao cidadán, ao cal lle esixe todo tipo de permisos (“claro, diferentes segundo a cor política”) mentres ela os incumpre abertamente e tamén considerariamos inaceptable que o concello non demostre a sensibilidade esixible para actuar nun entorno tan sensible como o referido. O BNG quere que o incompetente que temos como Alcalde contes as seguintes preguntas:
1.- Conta esta obra cos  preceptivos permisos do Servizo Provincial de Costas e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas? En caso negativo responda cal é a causa.
2.- Conta esta obra con algún tipo de permiso?
Dicirlle ao BNG, aínda que xa o saben,  que unha das formas de prevaricación administrativa, figura penal do noso ordenamento xurídico , e o   abuso de poder pola autoridade,  é a principal fonte da maldade moral e da corrupción moral. Entendese o abuso de autoridade como todo acto do funcionario que se excede nos seus atribucións ou facultades respecto de particulares ou casos públicos. 
E aínda que sabemos que os do BNG son remisos a xudicializar a vida política esta caso tíñase que denunciar. 
UN PERIÓDICO  “AMIGO” “A VOZ DE GALICIA” TITULA NA SÚA EDICIÓN DIXITAL: “O CONCELLO DE
CAMBADOS LEVANTA UN MURO ILEGAL NA PRAIA DAS SAÍÑAS”
PERO NO ARTIGO “LÁVALLE A CARA O ALCALDE”
A periodista Bea Costa, quen ía a ser senón, no artigo venlle a lavar un pouco a cara o noso Alcalde como restándolle importancia o feito. O Feito en si non ten escusa ningunha, é un escándalo sen precedentes , e un parvada dicir que o Alcalde atribúe o erro a empresa construtora, iso é infantil. A frase que mais nos chama a atención no artigo da ínclita “periodista”: “…Luis Aragunde (PP) recoñeceu que as obras non se están facendo como se debería…”. Que forma mais suave de dicir que o Alcalde Luís Aragunde saltouse a lei, e ímolo deixar aí en que se saltou a Lei. Que bonito exemplo nos da o noso alcalde el mesmo constrúe sen permiso e di “«Non se danou nada non contorna natural nin se fixo de maneira malintencionada”, como que non se fixo de maneira malintencionada, e logo unha obra faise así, chega unha empresa e pon a pedra onde lle sae do ca…, non hai un proxecto de obra, non un técnico que a supervise, para que carallo temos un Arquitecto municipal en Cambados, para cobrar dous mil e pico euros o mes nada mais ou está tamén para supervisar obras municipais.
Os cambadeses non podemos permitir que actos de autoritarismo como este collan o caracter de normais.
SI TIVERAS DIGNIDADE LUÍS ARAGUNDE DIMITIRÍAS, PERO CREEMOS QUE DISO NON TES. 

Ningún comentario: