9 de feb. de 2014

O PARTIDO DE LUIS ARAGUNDE QUERE “ENTERRAR” A XENTE DO MAR

MAÑÁ AS ONCE,  OS BARCOS DE CAMBADOS FARAN SONAR AS SÚAS BUCINAS EN SINAL DE PROTESTA.
SE RESPECTADES A XENTE DO MAR, COMPARTIDE ESTA NOVA.
Decia nunha entrevista non fai moito o noso Alcalde Luis
Aragunde que el era un home de mar e que non ia permitir que a xente do mar o pase mal. Estes días a xente do mar, entre eles os de Cambados están en pe de gerra contra o PP porque queren reducilos a mínima expresión e querenos deixar morrer de fame. E si, entre eles estaba o noso alcalde que dun home mar pasou a
ser un “chupón” mais.
O mar pide a Dimisión da inutil conselleira de pesca Rosa Quintana, e  pide tamén  a dimisión de Benito González “Pelea” e loita por simplemente traballar.
O outro dia varios centenares de traballadores enrolados na frota de cerco, provintes de Vigo, Cambados, A Coruña,
Camariñas, Portosin e A Mariña, entre outros sitios, concentráronse diante do edificio dos servizos centrais da Xunta. Despois de facer soar as bucinas e de corear consignas que pedían a dimisión da conselleira, arroxaron centenares de xurelos
contra a fachada do edificio. Ata voaron pedras, que romperon dúas lúas.
As forzas da orde permaneceron vixiantes e impasibles ante unha protesta na que se reclama ao Ministerio en Madrid unha repartición máis xusto das cotas de xurelo e de caballa. Os traballadores do cerco, actividade
que enrola en Galicia a uns 1.500 ocupados en 160 barcos, aseguran que as frotas de Asturias, Cantabria e o Pais Vasco, menos numerosas, saen moi beneficiadas da repartición. «Do pouco que ten España, a metade, xa quedan vos vascos con ela, e nos non queremos ser menos;
non pode ser: a frota vasca, con 50 barcos, non pode levar a metade dá cota», aseguraba esta mañá José Ramón, armador de Cambados. Os pescadores galegos do cerco denuncian que, co actual criterio de distribución de Madrid, a Galicia corresponderíalle só unha cuarta parte da repartición, cando ten a maioría dos barcos.
Os galegos  somos os últimos en Europa a ter en cuenta.
Algo importante acontece preto de nos,sin que ninguén faga nada nin se une a esta protesta,que á fin e ao cabo prexudica a todo o mundo nunha época que non é boa para ninguén. As canles de TV e os xornais esconden o que está a suceder e o
eclipsan con noticias sen importancia. A comunidade autónoma que ten unha maior frota non recibe ningunha ayuda,y ten que ver como o resto recibe o 50% da cota tendo unha frota moito menor. Nesta cadea afectará co tempo a transportistas,lonjas,fábricas ben de envases como de conservas,venderurías,fábricas de xeo... Martes 11 de
febreiro en Santiago está preparada unha protesta,puesto que a Xunta fixo caso omiso dá concentración anterior.
Mañá os mariñeiros de Cambados, faran a súa particular protesta, a partir das once da maña sonarán as bocinas dos barcos durante unha hora en sinal de protesta.
Luis tan home de mar que eres porque non loitas polos teus e deixa de chupar do bote.



1 comentario:

MANUEL dixo...

Que o noso alcalde fora "xefe de lonxa" non é indicativo de ser "home de mar" senón "home vinculado co mar".Xa fai moito tempo que os xornais e os medios están agochando todo aquelo que emporquece a "excelente labor dos nosos políticos" no tocante o mar, é de pena que o noso máximo representante so se adique a encher o bandullo, minimizar xestos e actitudes e , o que é mais denigrante, mentir a flota de cerco. A situación é caótica, sen futuro, con unha dependencia das políticas torticeras da UE que están abocando a flota de cerco a desaparecer pouco a pouco.Se lle sumamos que estamos a padecer uns dos invernos mais fortes que se recorden de verdade que non sei como tanto aguanta o sector. En estos momentos é cando se vé de verdade quén mira polo futuro pan dos nosos fillos e quén somente mira o seu bandullo. Estanlle a pedir a DIMISIÓN a Benito González... o lóxico sería que dende que está imputado dimitira do seu cargo pero non hai mais que oilo falar para darse conta da ralea deste elemento.