A ENTREVISTA, COMO NON, DE BEA COSTA.
É incrible como se lle nota o plumeiro a algunhas persoas. Non hai mais que ler a entrevista do martes 15 de abril
publicada na Voz de Galicia e realizada por Bea Costa ó Patrón Maior da Confraría de Cambados. Impórtanos ben pouco que a Voz nos ameace con demandarnos (por certo, por criticar a quen moitas veces tamén critica) pero non podemos deixar pasar por alto este “lavado de cara ” de Benito Pelea en toda regra. E entrevista que publicamos íntegra ao final non ten desperdicio e nos destacamos da mesma os seguintes puntos:

1º.- O arquivo de denuncia de Santiago de Compostela é
certo a medias, que é a maior das mentiras, porque a periodista en cuestión e tamén o entrevistado Benito Pelea, saben que o arquivo non é firme xa que foi apelada polo letrado de Agamar.(Temos pendente un artigo sobre este tema pois fixéronnos chegar íntegro copia do escrito de apelación). Por certo a querela foi presentada polo Ministerio Fiscal.

2º.- Sabe a periodista en cuestión que Benito non é que estea na órbita do PP, é que é un mais do PP, e non está só con Luís Aragunde
porque é o Alcalde de Cambados, está con Luís Aragunde porque é o seu brazo na confraría de Cambados , porque en Cambados coñecémonos todos moi ben, e vemos a Benito Pelea tomar viños aparte de co Alcalde con empresarios que apoian directamente aos populares tanto persoalmente como cos seus cartos, porque vai aos mitins do PP (que coño con perdón ten que ir o patrón maior como estrela invitada a un mitin, porque non vai tamén aos mitins do BNG e do PSOE), e por último, e moitos vanme entender de sobra, co alcalde de Cambados, non se vai un a certos sitios. Por certo nas derradeiras eleccións da confraría que houbo Benito Pelea e Luís Aragunde foron por moitas casas de Cambados a pedir o voto para Benito, esa tamén é unha labor do alcalde ou que somos parvos, querida Bea.

3º.- E o mais grave de todo como se lle pode esquecer a unha periodista tan acreditada como Bea Costa que Benito segue a estar imputado por malversación de caudais públicos no Xulgado Numero 2 de Cambados polo famoso barco Tragove (do cal tamén nos fixeron chegar documentación abondo sobre esta estrana subvención), onde tivo que depositar unha fianza de 60.000 euros en compañía de outros dous industriais da vila ( publicado en varios medios, querela presentada tamén polo Ministerio Fiscal o cal non aparece para nada na entrevista). Como se lle pode esquecer a unha periodista tan imparcial como Bea Costa unha noticia deste calibre cando foi o seu propio periódico un dos primeiros en publicar a nova.
Nótase ben que estan preto as eleccións a Confraría de Cambados.
“A xustiza estriba na imparcialidade, e só poden ser imparciais os estraños” George Barnard Shaw.
PREME NA IMAXE PARA VER A ENTREVISTA AMPLIADA

1 comentario:
Co eviscerado das vieiras creouse unha empresa que o día de hoxe naide( excepto Benito e adláteres) ten claro como funciona, eso sí, a Confraría de Cambados ten o 51% pero non se presentan contas do balance económico da mesma, ¿será a nova nave multiusos xestionada ca opacidade de porto de tragove?. As institucións ( non por estar en elas un xa é "funsionario") están politizadas, eso ve o mais parbo, o que resulta penoso é que un cambiachaquetas político intente dar unha imaxe de imparcialidade en un pobo donde hasta as pedras oyen e a xente de parba ten pouco. Cando unha persoa se acomoda a non dar golpe, a viaxar gratis, comer ben, gastos pagos, responsabilidades as xustas, boas costas políticas,... e dicir, que cando un chega o punto de estar comprado, de non ter capacidade de xestión, de decisión, de defender a quen representas, chegado a ese punto unha "persoa" debería mirarse o espello, facer autocrítica e IRSE. O poder corrompe mais tarde ou mais cedo, depende de saber irse a tempo amén da fortaleza moral e cultural da persoa. Non sei de donde sacas as forzas para seguir (¿dos gin-tonics?)en unha Confraría que dende que comenzaches a xestionar o último mandato non paras de facer o percorrido dos Xulgados ou por "querellarte" ou por "querellarse",agora sacas peito e usas os medios para "intentar" lavar a tua imaxe porque en este país a xustiza é lenta e esa lentitude xoga a favor dos que minten.
Publicar un comentario