2 de xul. de 2014

“PODEMOS CAMBADOS” CRITICA QUE OS NENOS TEÑAN QUE LIMPAR AS “ECES” DOS CANS NA NOSA VILA

O FARO DE VIGO TITULA: "PATRULLAS DE NENOS PERCORRERÁN CAMBADOS PARA MANTER LIMPAS AS RÚAS" 
Onte foi presentado en rolda de prensa de Olga Costa -do Refuxio de Animais- e o ínclito do noso Alcalde,    -que para
figurar si da a cara pero non a da en cambio para as numerosas protestas polas multas que sofren os cambadeses-  un proxecto que se denomina  “Patrullas Ambientais" nacen este verán en Cambados co cometido de concienciar aos veciños da localidade da importancia de manter limpas
as rúas e prazas do municipio tendo en conta, sobre todo, o gran filón turístico que ten o conxunto histórico. Os nenos percorrerán as rúas cambadesas para sensibilizar aos residentes e informar sobre a necesidade de recoller as deposicións dos cans, ademais de tirar tanto as botellas ou papeis nos contedores adecuados.
Pero “PODEMOS CAMBADOS” no seu facebook maniféstanos qu
e a cousa non é do seu agrado pois fai o seguinte comentario ao respecto: “Xa que os axentes da policía local non fan nada contra isto cando habían dito tempo atrás de loitar contra os donos que non recollen as cacas dos seus cans, teñen que ser nenos os que fagan o seu traballo”, comentario que xerou no mesmo facebook comentarios coma este : “teñen unha cara moi dura,tamén queren que os nenos vixíenlles, onde hai lixo e onde hai que rozar etc e mentres tanto os municipais,a meter multas e os traballadores do concello, a tomar o café"
FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: