31 de ago. de 2014

BNG E PSOE CRITICAN DURAMENTE A MOCION DO PP PARA NOMAMENTO DIRECTO DE ALCALDE

DEGRADACION DEMOCRÁTICA E MOCION ELECTORALISTA SON ALGUNHAS DAS FRASES QUE LLE ADICAN A LUIS ARAGUNDE
O BNG e o PSOE critican duramento unha moción do PP para elección directa de Alcalde. O BNG di que Aragunde
está preocupado e que está claro que PP non hai máis ca un, independentemente de quen sexa a cara de turno que o representa. O importante é manterse no poder a toda costa para seguir utilizando a política como medio de vida e non como un servizo á cidadanía. Nesta liña, no pleno do xoves o PP presentou a moción que está a promover por todo o Estado para que nas próximas eleccións municipais as alcaldías sexan para a lista
electoral máis votada. Semella que os 1200 votos que perderon, en Cambados, nas últimas eleccións europeas comeza a poñelos nerviosos e, por iso, no pasado pleno iniciaron a campaña das municipais cun recopilatorio de obras e milagres do PP en Cambados acompañados de múltiples autoeloxios á súa xestión municipal e afirmando que os veciños e veciñas de Cambados están contentísimos con ela. Pero por se a propaganda política non lles asegura a alcaldía tamén
queren utilizar a vía do cambio da  lei electoral.
Na situación social e económica pola que estamos a pasar, para o PP a prioridade é non perder o poder. Nun momento onde a xente está a demandar máis participación nas decisións políticas, que se escoite a súa voz, que se favorezan as consultas cidadáns, que haxa transparencia na xestión e transparencia na contratación, que haxa máis
competencias municipais para que realmente se poida dar un servizo útil aos cidadáns. Nun momento onde se esixe a necesaria transparencia na xestión política para que a corrupción non sexa a norma e para que se xulguen aos corruptos. Nun momento onde os/as múltiples parados/as están a pedir traballos para poder sobrevivir ante esta precaria situación económica. No momento crítico polo que estamos a pasar, ao PP o que lle preocupa realmente é non perder o “chiringuito” e utilizar calquera posibilidade que lles permita seguir agarrados ao
poder. Está claro que a degradación democrática das propostas do PP é cada vez máis extrema e non teñen ningunha vergoña en levalas a cabo por calquera medio.
A triste realidade é que Aragunde non tería que preocuparse por perder a alcaldía, pois sempre podería ser asesor da deputación, xerente de bombeiros ou político-empresario como algúns dos seus amigos.
PARA O PSOE A MOCIÓN DO PP É MOCIÓN ANTIDEMOCRÁTICA, ELECTORALISTA E PARTIDISTA
Esta é unha moción tipo que foi presentada nos Concellos da Comarca e incluso na Deputación polo que xa foi rebatida e votada en contra polos socialistas en todos estes Plenos.
-Pola súa  parte, os socialistas cambadeses, non están da cordo  en primeiro lugar co momento, España está nun momento de crise. Galicia, está nun momento de crise. Feijoo pasará á historia como o presidente que incrementou o endebedamento público en 6.000 millóns de €. Incrementouse o endebedamento galego 10 veces máis que na lexislatura de Touriño. 
Temos as peores cifras de desemprego da historia galega
276.463, e a maior cifra de demandantes de emprego. 185.700 ocupados menos e 143.200 parados máis desde que Feijoo é presidente.
Máis de 600.000 persoas en risco de pobreza e exclusión social. Un 20% máis de solicitudes RISGA. 
Recortes en gasto social nos anos de Feijoo xa alcanzan os 4000 millóns de €.
Repago enmascarados co nome de copagos en Sanidade, Educación, Dependencia, Comedores escolares, axuda social...
Pobreza enerxética
Decisións prexudiciais para a xente do mar, viticultores, gandeiros...
E un sinfín de situacións que deberían ser prioridade nos Concellos galegos...
Pero a prioridade para o PP é modificar a Lei Electoral. Isto demostra unha vez máis que realmente non lles importa os cidadáns e as súas necesidades, o Partido Popular só se move para conseguir o seu propio beneficio.
-En segundo lugar, o PP presenta  unha proposición xa presentada polos socialistas é certa, pero en nada se parece á proposición que fai agora o PP.
O que propuxo o Psoe foi que se fixese de forma simultánea pero separada a elección de alcalde e concelleiros, é dicir dúas votacións nunha mesma xornada, unha para elixir alcalde e outra para os concelleiros. A elección do alcalde, faríase nunha dobre volta, os dous candidatos máis votados se enfrontarían nunha segunda xornada electoral e este é o sistema q se utiliza en moitos países de Europa e de América.
Polo tanto Psoe e PP non propoñen o mesmo, por moito que o PP  insista en en citar a Zapatero e ó Psoe na súa moción ó igual que na da Deputación e nas dos outros Concellos, pensamos que xa quedara claro, pero ven que non, que que teñen que citar aos socialistas para que pareza que esta moción ten máis lexitimidade.
Ademais o que pretende o PP é aprobala sen ningún tipo de consenso, cousa que tampouco fixo o Psoe, polo tanto non
é diferente só no contido, senón tamén nas formas.
En terceiro lugar non se pode pretender acercar ós cidadáns as Alcaldías vindo de aprobar unha lei que reforma a administración local vaciando de capacidade política ós Concellos e desmantelando os servizos públicos que os Concellos prestaban alonxando ós cidadáns e veciños das entidades locais.
Fala o PP na súa moción de “transparencia e xogo limpo“, 9 meses antes das eleccións municipais?? Querendo aprobar unha reforma electoral só co voso voto?
“para que os cidadáns saiban de antemán a quen votan“ e isto dise nun Concello no que se presentou un candidato que deixou a lexislatura pola metade e no que a persoa que quedou no sitio non foi precisamente a que ía de número dous na lista? Sabían os cidadáns cando votaron a Tourís que o Alcalde  ía ser Luís
Aragunde?
Ou en Santiago que ía ser Alcalde o último da lista? Ou en Concellos como Mos ou Silleda, no que o Alcalde máis votado non era do Partido Popular polo que a golpe de tránsfugas o PP se fixo coa Alcaldía? Aí sí sabían a quen votaban os veciños? Iso é para vós democrático, transparente, xogo limpo? Ou é que cando a situación beneficia a candidatos do PP sí é lícita e cando "fastidian" a Alcaldía non o é?
“Para respectar a vontade maioritaria dos veciños“  co 40% dos votos?, A vontade maioritaria dos veciños, en concreto a
do 60% dos veciños e que ése non sexa o Alcalde... trátase de conseguir o 40% dos votos para que vos regalen o resto... O partido maioritario non pode impoñerse á maioría formada por outras forzas políticas. Un 40% non é unha maioría absoluta e 5+2 é máis que 6. Mentres o PP non teña claro ese principio democrático, non poderá haber negociación posible.
Polo tanto, din os socialistas que argumentos non lle faltan para votar en contra desta moción antidemocrática, electoralista e partidista presentada polo Partido Popular. Non se poden promover cambios sobre a elección de Alcaldes modificando urxentemente a LOREG, sen acordo e a poucos meses das eleccións locais.

Ningún comentario: