22 de ago. de 2014

O PSOE PON DE MANIFESTO GRAN PARTE DOS PROBLEMAS DO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE EN FORMA DE PREGUNTAS

LUÍS ARAGUNDE COMA SEMPRE, VAI CONTESTAR NO PLENO CON MONOSÍLABOS, DADA A SÚA INCOMPETENCIA.
O portavoz do PSOE de Cambados, vai presentar no vindeiro pleno do Concello de Cambados unha batería de preguntas, onde pon de manifesto gran parte dos graves e serios problemas que afectan ao Concello de Cambados e ao propio Alcalde Luís Aragunde, quen pese a saber as preguntas de previamente e con varios dias de antelación, de pasarllas aos asesores persoais para que lle informen adecuadamente, vai contestar coma case sempre, con monosílabos e escorrendo o vulto e mofándose de gran parte dos cambadeses representados polos socialistas, a súa incompetencia nos plenos  vese a todas luces.
Aquí a continuación vos deixamos os temas e as preguntas polas cales realizadas polo PSOE de Cambados e concretamente pola súa portavoz Fátima Abal: 
CARTEL ALBARIÑO DO ALBARIÑO NA FONTE DE VILARIÑO
Respecto ó Cartel colocado na rotonda de Vilariño no que se pode ler “Cambados capital do Albariño“
1.- Desde cando estaba tomada a decisión de colocar ese cartel?
2.-Cales son as razóns polas que se contrata sempre ó mesmo escultor?
3.-Houbo diferentes deseños de ese cartel ou foi inspiración basicamente do escultor? O resultado final por quen foi
Foto: Diario de Arousa-Gonzalo
Salgado.
decidido?
4.- Canto custou o cartel?
5.- Con cargo a que partida se vai pagar este cartel?
6.-Imaxinamos que esa escultura custou máis dos 7000€ que se adicaron ás axudas escolares, non se da conta este Concello de que nun Concello de catorce mil persoas, con máis de 50 familias cobrando a Risga e
Foto: El Mundo.
algunhas máis acudindo a Cáritas e a Amigos de Galicia a buscar de comer para os seus fillos, deben primar as persoas e non a estética do propio Concello?
Ata cando esta actitude por parte do Partido Popular deste Concello só de fachada? De verdade facía falta gastar esa cantidade de cartos sabendo as necesidades que están a sufrir moitos veciños de Cambados?
7.-Por qué os demais membros que formamos parte desta Corporación, sempre nos temos que enterar destes gastos inútiles e tan cuantiosos cando xa están feitos?
8.-Recordamos que seguimos a agardar unha resposta razoada e sobre todo racional de quen pagou finalmente a estatua de Fraga e que levamos esperando esa resposta razoada e racional dous anos posto que a situación aínda non foi aclarada nin desde o sector vitivinícola que nega que a pagase nin desde o propio Concello.
DEPURADORA DO FACHO.
1.-Respecto á depuradora de aguas de O Facho, cando se vai solucionar o problema dos continuos desbordamentos
Foto:Diario de Arousa-Emilio
Moldes.
que se veñen producindo desde hai moito tempo, por culpa da Depuradora e do posterior vertido ó mar, deixando a praia nun estado lamentable e poñendo en perigo as especies mariñas que alí se crían e das que dependen moitas familias para poder traballar?
2.- Cando se van solucionar os continuos cheiros que esta Depuradora emite a diario desde hai tamén moito tempo  e que provocan un gran malestar ós veciños desa zona?
POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS
1. Que ocorre coa Policía Local de Cambados? Cales son os problemas que teñen co Concello?
2. A que se debe o enfado dos policías locais, razón pola cal, como todos é sabido, coma sempre neste Concello pola prensa, empezaron a multar dun xeito desproporcionado no último mes?
3. Ata cando os cidadáns imos a ser os prexudicados entre este tira e afloxa entre o Alcalde e a Policía Local? 
4. Ten pensado o Alcalde negociar con eles ou abrir algunha vía de negociación para que non sexamos os cidadáns os que paguemos as consecuencias? 
5. É consciente de canto está prexudicando esta situación non só ós condutores polas cuantiosas multas, senón tamén os comerciantes e posibles compradores que desisten de vir comprar a Cambados por medo a non atopar aparcamento ou a que os multen?
     6.- Cómo se vai resolver o problema dos aparcamentos en Cambados, tendo en conta que os días de mercado xa non había onde deixar o coche e agora cada vez hai menos sitios? Cal é a solución que se propón?
TRABALLADORES DA PISCINA
1.- Respecto ó problema que teñen os traballadores da piscina, xa que levan varios meses sen cobrar, que é o que ten pensado facer este Concello?
2.-É certa a noticia que saíu na prensa de que unha empresa se vai facer cargo da Piscina no mes de setembro? Cal é a empresa que se vai facer cargo?
3.- Cando se vai facer o concurso para a adxudicación formal do servizo?
4.- Se non se presenta ninguén que é o que se vai facer por parte do Concello? Vai a asumir o servizo?
AXUDAS UNIVERSITARIAS
1. Finalmente esa partida  vaise destinar  ás axudas a estudantes universitarios ou de estudios superiores?
2. En caso de ser así, como pode un estudante universitario acceder a devanditas axudas, xa que non se publicaron en ningún lado? 
3. No caso de que xa non existan esas axudas, qué é o que sucedeu para que en só 3 meses esa partida destinada ás axudas universitarias desaparecese? 
4. Vai a realizarse unha comisión para informar os grupos da oposición dos niveis educativos e os preceptos ós que se adicarán os 7.000 euros, tal e como o Sr. Alcalde afirmou en Pleno o pasado 24/04/2014?
5. Se esa partida asignada a axudas universitarias e estudios superiores, de emerxencia social, finalmente non se destina a ese fin, aprobarase  unha transferencia extraxudicial de crédito con cargo a esa partida para pagar algunha factura que apareza?
DENUNCIAS CONTRA O ALCALDE E A POLICIAL LOCAL
1.- Respecto á denuncia feita por un particular e con Rexistro de entrada no Xulgado de Instrución de Cambados o 1 de agosto de 2014, no que se denuncia  “á Corporación
Municipal de Cambados, e ó seu Rexedor, por incorrer presuntamente nun  delito tipificado no artigo 404 do Código Penal“
Levouse a cabo xa algunha actuación por parte do Alcalde respecto á esta denuncia?
Podería informarnos neste Pleno, como Corporación Municipal que somos, máis aínda sendo como somos mencionados nesta denuncia, os motivos polos que o Alcalde presuntamente incorre nun delito de prevaricación.
Que conste na Acta, para que non pase coma no caso dos bodegueiros e se lles envíen cartas ás agochadas os propietarios dos locais, que desde este grupo non nos manifestamos con estas preguntas, nin a favor nin en contra nin da denuncia efectuada polo particular, nin do feito de que os hostaleiros cambadeses coloquen barras de xeito extraordinario durante as festas do Albariño.
2.-Respecto á denuncia presentada no Xulgado de Cambados e con data de Rexistro de Entrada o 8 de Agosto de 2014, na que se denuncia  a determinados Axentes membros da Policía Local de Cambados por un presunto delito de usurpación de funcións públicas, e na que tamén se denuncia á Asesoría Xurídica e á Secretaría do Concello por un presunto delito de tráfico de influencias e cofeito
Levouse a cabo algunha actuación por parte do Concello respecto a esta denuncia?
Dado que se trata de acusacións moi graves, podería explicar en que feitos pode basear este denunciante as súas sospeitas para que presuntamente os acuse de tales delitos?
Que conste na Acta, que desde este grupo non nos manifestamos con esta pregunta nin á favor nin en contra da denuncia nin dos traballadores implicados nela, tanto por parte dos traballadores da Policía Local como do Asesor Xurídico ou o Secretario e que estas preguntas teñen como única finalidade o coñecemento e o seguimento da tramitación xurídica e da fase na que se atopa.
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT)
1.-Como se acostuma en Cambados, este grupo da oposición ten que enterarse das actuacións deste Concello, coma sempre, por medios externos ó propio Concello. Temos entendido que se está negociando a nova RPT, pero que non se chega a un acordo cos sindicatos, é certo?
2.-Cales son os puntos que os sindicatos non aceptan da nova RPT?
3.- Presentan os sindicatos algunha proposta pola súa parte? Vai ser aceptada esa proposta?
4.- É certo que a proposta do Concello da nova RPT contén postos de nova creación para xente que xa está prestando servizos ó Concello e que teñen unha vinculación directa co
PP de Cambados? Acaso o goberno de Mariano Rajoy xa levantou a prohibición de crear novos postos nos Concellos e tampouco se nos informou?
5.- É certo que na nova RPT auméntaselle o soldo só a determinadas persoas de confianza do Alcalde é non ó resto dos traballadores do Concello, coa única finalidade de xustificar gratificacións que se lle pagan mensualmente a maiores na súa nómina?
4.- Se a RPT presentada polo Concello non é apoiada polos sindicatos, e manifesta unha serie de ilegalidades e de privilexios a determinadas persoas, polo que tampouco contará co voto a favor da oposición, pretenderase aprobar contando só coa maioría absoluta do PP no Concello de Cambados ou se vai buscar un entendemento e un acercamento de posicións entre Concello e sindicatos para evitar que remate nun contencioso administrativa.

Ningún comentario: