14 de out. de 2014

O ULTIMO PROGRAMA "VAI TROULA" DA TVG DESTA TEMPADA CON MARCADO ACENTO CAMBADÉS

A FESTA DAS ANGUSTIAS, SANTA MARTA EN PONTEARNELAS E O COCIÑEIRO MANUEL MOSTEIRO EN CEDEIRA
O programa “Vaia Troula”, que durante os últimos meses seguiu de preto as citas máis importantes do calendario festivo galego, despediuse onte dos espectadores da TVG.
O cociñeiro cambadés Manuel
Mosteiro en Cedeira.
E faino por todo o grande, facéndonos ver entre outras festas a Festa do Percebe de Cedeira onde acapara un protagonismo especial o cociñeiro cambadés Manuel Mosteiro que non explica as excelencias deste rico marisco, podes ver a Manuel Mosteiro premendo AQUÍ e a partir do minuto 9.18.
Faiscas de Solobeira
Tamén acaparan un protagonismo especial na festa de Santa Marta de Pontearnelas o grupo cambadés Faíscas de Solobeira que ademais exercen como os presentadores da festa, son os gaiteiros de Santa Marta dende fai anos non faltan a cita, podes ver a festa de Santa Marta premendo AQUÍ e a partir do minuto 24.05.
Por último , a festa de Triana,  a festa de Virxe das Angustias
Maria José Martinez.
que ven de acaparar un protagonismo especial, gracias en parte as súas portadoras que elevan a virxe ao ceo cunha maxia especial, os bolos preñados, a Banda de Música de Castrelo, a súa emerxente verbena, a xente especial de Triana, en fin,  todo isto podes velo premendo AQUÍ e a partir do minuto 45.20. Un éxito mais da Comisión da Festa das Angustias.

OUTROS FOTOGRAMAS DO PROGRAMA:










Ningún comentario: