22 de dec. de 2014

O ACTOR AFECCIONADO CAMBADÉS MANOLO PILLADO NA SERIE DA TVG, PAZO DE FAMILIA.

Para Manolo Pillado, actualmente xubilado de banca, a súa afección polo teatro non é de agora, Manolo xa fixo os seus “pinitos” de mozo no teatro da
Juventud Catolica, logo foi un dos fundadores de Teatro Caracol  de Cambados,  para mais tarde ingresar en Iliria Teatro de Vilagarcía.
Efectivamente Manolo tivo os seus primeiros contactos co
teatro no escenario da Xuventude polo ano 1966 e seguintes. Eran obriñas da Galería Salesiana, moi "cursis" e con pretensións moralistas, que se representaban con ocasión de festividades como Cristo Rei ou a Purísima. Foron das últimas obras representadas na Xuventude que, ata eses anos, tivo unha gran actividade en celebración de festivais e representacións de teatro, xeralmente con fins benéficos e sempre con obras moi simples, tipo comedia ou folclóricas. 
Ver a Domin e Manolo no escenario
era todo un espectáculo ( fai tempo que
ningún dos dous está xa en Caracol).
Xa en Teatro Caracol as ideas máis sinxelas ían conformándose co tempo e acadaron unha gran dimensión. Seguramente ninguén imaxinaría cando empezaron o que chegaría a ser o Teatro Caracol dos bos tempos, que non ten nada que ver co de agora.
Chegou a compaxinar Caracol ate que o abandonou co
grupo Iliria  que nacera dun Curso de Arte Dramático organizado polo concello de Vilagarcía. Levan representadas obras como  “Dilirius de humor” composto por tres obras curtas de Antón Chéjov: “Tráxico á forza”, “O aniversario” e o monólogo “Sobre os males que provoca o tabaco” e outros moitas, na actualidade continua en Iliria Teatro e ademais actualmente está a facer un obradoiro de teatro en Xironsa duns seis  meses de duración. 
Manolo foi tamén un dos grandes valedores da desaparecida e mítica Unha Grande Chea.
En Pazo de Familia fai un pequeno papel  e no fotograma que preside este nova podédelo ver con Arturo Santos (don César) e Miguel Pernas (Carlos) en Pazo de familia (TVG).

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: