10 de maio de 2015

CARTA ABERTA A LUIS ARAGUNDE.

TRES EXEMPLOS DA “REFINADA EDUCACIÓN” DE LUIS ARAGUNDE: "MOFARSE DUN MORIBUNDO, PERMITIR QUE SE RIAN DO AME E DESPREZAR O XEFE DA OPOSICION EN SEDE PLENARIA."
Estes días tanto no devaluado debate de TeleSalnes así como o venres no mitin do PP, o ínclito do noso Alcalde Luis Aragunde dirixeuse a este que vos fala chamandome maleducado, como eu non teño nin dispoño do  grupo mediático que el dispón con xefe de prensa e serivil periodista de certo periódico incluido, senón que somentes dispoño de esta humilde bitácora, só vos bou poñer tres exemplos, podería poñer centos,  da “refinada educación” de Luis Aragunde a sazón e por desgraza alcalde deste pobo ate o de agora:

1º.- MOFARSE DUN MORIBUNDO.-
Aquí non me vou empregar moito porque tampouco é a miña intención rememorar  recordos inecesarios a certas persoas,
e estou a falar do inigualable e añorado Rafael Blanco Guerreiro portavoz do PSOE no concello de Cambados e do cal todos choramos a súa desaparición, pero so vou deisarche,  impresentable alcalde, como exemplo unha intervención  da voceira do PSOE Fatima Abal que despois foi publicada no inesquecible Blog “Cambados Tk", onde describe como te mofas de Rafa (entra AQUI e oide o audio), prácticamente no seu leito de morte, por ter baixo sedación “catro” faltas de ortografia nun escrito presentado no concello. Fatima que te designou naquel escrito e con toda a razón do mundo “un terrible maludecado” (entra AQUI e oide o audio) amosou como nun escrito teu en doce frases tiñas 29 faltas de ortografía. A intervención de Fatima no pleno foi tan contundente que non foches capaz de articular palabra.
Eu Aragunde podo ter e teño todos os defectos que ti queiras pero nunca me mofaría dunha persona moribunda.

2º.- PERMITIR DENDE O TEU SILLON QUE
COMPAÑEIROS TEUS SE MOFEN DO AME.
Antes de empezar a ebullición destas eleccións había unha páxina de twitter denunciada tamén por Fatima Abal que se denominaba “Fatima Abal Broma”, en dita páxina publicouse a fografia que ilustra esta exemplo , esa fotografía foi realizada co teu permiso dende a cadeira dun compañeiro do teu partido e sacada na referida paxina a cal tamén se mofaba do AME, a enfirmadade que padece a nosa amiga Merchi Alvarez. Desprezable verdade Aragunde?

3º.- EN SEDE PLENARIA “VICTOR NO ME JODAS”.
“Refinada educación” tamén cando nun pleno de dirixes de forma desairada, maleducada e prepotente cara a todo un xefe de oposición como Victor Caamaño, cunha frase dita con chulería,  “Victor non me Jodas” (entrade AQUI  e ver o video), todo isto está documentado Sr. Alcalde impresentable de Cambados. 

Tamén dixeches neses mesmos foros que poñiamos a Cambados no mapa de España coma un pobo maleducado, e dis ti iso que nomeaches a un corrupto  como Jaume
Matas cabaleiro do albariño e non lle quixeches retirar a destinción, ti que nomeañaches a un tal  Adolfo Dominguez tamén cabaleiro do Albariño e que está favor do despido libre ou que nomeaches cabaleiro a un “trampón” do deporte como Abrahan Olano, atreveste a dicir que eu puxen no mapa a Cambados, a todo isto sen entrar en disquisicións politicas como exaltación do franquismo (estatua a Fraga) etc.¡ Que cara tes Luis Aragunde!.  

Eu tiven a sorte de ter unha nai exemplar, e pensó que a tua tamén o é, que me deu moi boa educación,  agora o teu “pai político”  Touris, que ti calificaches no mitin como “Maradona da política” e igual ca ti. Por certo cando te referías a Touris como Maradona da política, de que época de Maradona estamos a falar da futbolística ou de cando se drogaba?
En fin podia seguir contando enumerables casos da túa mala educación, impresentable Alcalde, pero non é o caso porque non quero aburrir os meus poucos seguidores, pero fieis  desta sinxela bitácora, pero leccións de educación e vindo de ti , NINGUNHA. Si denunciar as túas tropelías, falcatruadas, enchufismos, opulentos xantares, trato irregular aos maiores etc e ser maleducado, eu , Luisiño, si son un perfecto maleducado.
Remato  cunha cantiga popular que di:

     Moucho que estás no penedo
eres de cartón,
eres de cartón,
non che temos medo.

XAQUIN CHARLIN GONZALEZ "CHON".








FOTOS: Faro de Vigo ,  Diario de Arousa e A TI MEU CAMBADOS.


1 comentario:

o quinto dixo...

e tamen un minmtireiro e Luisiño,, e meteste nun mitin con un veciño de cambados quie eu sepa chon eun veciño mais,, non esta neste momento na politica dedicaste nos mitins a meterte cos veciños que non pensan coma ti