14 de xuño de 2015

ARAGUNDE EMPEZA XA MENTINDO COMO XEFE DA OPOSICIÓN

CORES DE CAMBADOS DENUNCIA UN ASALTO A CONTA DE TWITTER DO CONCELLO
Nada mais pasar a oposición Luís Aragunde xa empezou a mentir  dicindo  que se comprometeu a estar na oposición con educación e respecto  que lle faltou a el como Alcalde, non quererá Aragunde que saquemos novamente por enésima vez os xestos graves de mala educación o último
insultando gravemente a nova alcaldesa. Tamén di Aragunde que un dos partidos incumpre un dos seus compromisos de non votar a ningunha forza política, mal sabe Aragunde que está forza política con nome e apelidos “Cambados Pode”, acordou en asemblea de todos os seus compoñentes  a decisión que tomaron, unha decisión sabia e democrática de dereito, nunha negociación todo mundo ten que ceder Cambados Pode cedeu nun único punto pero todos as partidos da oposición asinaron un código ético que cumpriran escrupulosamente, e senon estaramos nos aquí para demandalo.
ASALTO A CONTA DE TWITTER DO CONCELLO
Cores de Cambados  denuncia no seu blog un asalto por parte de energúmenos dos cales en breve dará o seu nome a conta oficial de twitter do concello que se ven a mofar xa do cuadripartito. Iso sí utilizando un nome novo, concretamente Circo de Cambados, polo que vistas as montaxes agora casan moitas cousas.
Se nos caracterizamos por algo os blogs progresistas, ou de esquerdas como queirades, é que cos nosos defectos e as nosas virtudes damos sempre  a cara non nos agochamos detrás de perfís falsos, tanto ALZA LA VOZ CAMBADOS,
como COMORES DE CAMBADOS como este blog dan a cara, mentres dende a dereita cambadesa agochan a súa covardía, as súas miserias detrás de perfís falsos, pero que saiban, polo menos por parte deste blog e coido que dos outros tamén que van ter fronte unha dura oposición as súas falcatruadas e iso que non levan nin 48 horas na oposición. Nos imos defender a morte ao goberno progresista, porque teñen asinado un código ético, dúas palabras que no PP non saben o seu significado. Non saben gañar (fogos) e non saben perder.


1 comentario:

jose dixo...

Pero Chon por deus,¿que asamblea aberta en Cambados Pode de que?non me fagas rir,e que conste que eu non son simpatizante nin votante do pp,nese partido ti sabelo tan ben como min que quen manda e o pai,e xa sabes tamen cales son as condiccions escuras que poñia,e que vai seguir esixindo nos proximos catro anos e baixo ameaza de mocion de censura.Tamen sabemos ben que gran parte da xente co acompañaba na lista electoral deixou o partido.Ollo que o futuro de Cambados xa co pp era fodido pois con CP pode ser a cousa pior.