18 de xuño de 2015

AS CONDICIÓNS DO BNG COMPLICAN O PACTO DE GOBERNO EN CAMBADOS, SEGUNDO A VOZ DE GALICIA

BEA COSTA REDACTORA DO MEDIO DI QUE OS CATRO GRUPOS REÚNENSE ESTA TARDE PARA "DESBLOQUEAR" A SITUACIÓN.
A luz vermella segue a estar encendida e no seu maior explendor sengundo a periodista Bea Costa, cada un que lle dea a crdibilidade que merece, pero esto empeza a ser
alarmante para o pacto do cuadripartito. Di o medio que seis días despois do pleno de investidura, en Cambados segue sen haber grupo de goberno, e é que ao cuadripartito liderado pola socialista Fátima Abal, fállalle unha pata: a do BNG. Do clima de consenso e entendemento que se respiraba o luns ao mediodía, tralo traspaso de poderes celebrado no Concello, pasouse a unha situación, cando menos, de incerteza. No Bloque queren a primeira tenencia de alcaldía e unha liberación a tempo completo para o seu portavoz, Víctor Caamaño, cun soldo similar ao que cobra actualmente como profesor no instituto Francisco Asorey. E este salario supera ao que estaba previsto que cobrase a
alcaldesa e, moitísimo, aos 25.760 euros que percibía o primeiro tenente de alcalde no goberno do PP, Antonio Iglesias Pombo. 
Segue a dicr o citado periódico que tendo en conta que as forzas de esquerda dixeron en campaña e repetiron despois que o novo goberno íalle a saír aos cambadeses máis barato que o de Luís Aragunde, as contas non cadran. E é que á liberación da alcaldesa e do portavoz do BNG habería que sumar a de José Ramón Abal, de Pode, e unha cuarta a media xornada que tamén se puxo sobre a mesa para Xurxo Charlín, de Somos Cambados. Charlín apunta como home forte dun
suposto cuadripartito ao asignarlle carteiras como Economía e Facenda e a portavocía do goberno local, outra función coa que tampouco están conformes no Bloque. 
A Voz informa ademais que aos nacionalistas cústalles dixerir que sexa Somos -rivais directos durante a campaña- o que asuma a política de comunicación do Concello.
Víctor Caamaño non quixo onte pronunciarse sobre a situación que atravesan as negociacións. Esta tarde (xoves)
está prevista unha nova reunión entre os catro grupos para tratar de limar o que empezan a ser máis que simples asperezas, aínda que no PSOE e en Pode non o ven deste xeito. Tanto a alcaldesa como José Ramón Abal dixeron onte descoñecer a existencia de disensións internas. E de habelas, apuntan desde Pode, «non son insalvables».
Así foi a información e así vola contamos. E a segunda información sobre o tema no mesmo día do citado periódico, esperemos que non sexa certa e caso de selo que o Bloque rectifique canto antes polo ben de todos os cambadeses.




1 comentario:

MANUEL dixo...

Pois van ter razón os que comentan do "Tamayazo en diferido", as políticas dende a oposición de ACOSO E DERRIBO, as que nos teñen acostumbrados os do PP, son patentes nos municipios onde un so concejal pode darlle a volta a gobernabilidade. En catro días as coalicións de esquerdas levan unha quenta nos medios que xa querían que fose o revés (po lo carallo) cando gobernan os do PP. O enemigo nin auga. O poder é tan adictivo coma unha droga dura, pois engorda os egos( e algúns bolsillos) a maiores de facerte sentir ben. Como cambadés, espero que Victor e demais xefes de partido intenten facer as cousas o meior posibel, dandolle a sociedade as razóns suficientes para poder seguir confiando nos políticos que de verdade queren traballar para os seus veciños. Non deixarse amedrentar cas políticas de CRISPACIÓN, Cambados merece xente honrada que goberne.