12 de xuño de 2015

PRINCIPALMENTE DO PSOE DEPENDE QUE LUÍS ARAGUNDE SIGA SENDO OU NON ALCALDE DE CAMBADOS.

EN CATRO HORAS DE REUNIÓN APROBOUSE O PROGRAMA DE GOBERNO, SO FALTA ELIXIR QUEN SERÁ ALCALDE. DE TODOS XEITOS NON ESTÁ NADA PECHADO AINDA.
O cuadripartito reuniuse onte , caso cinco horas de reunión que remataron sen o acordo mais importante: Quen será o vindeiro Alcalde de Cambados?. Reunión por certo instada por José Ramón Abal de “Cambados Pode”, el foi o encargado de chamar e reunir os representantes dos demais partidos.
O pacto de goberno está practicamente rematado, o BNG aínda que non está moi conforme coa idea de que Fatima non sexa a Alcaldesa, tampouco esgota votar a Tino Cordal para Alcalde , todo sexa por unha goberno estable principalmente e que o PP de Luís Aragunde deixe a Alcaldía.
Porque dicimos o de votar a Tino Cordal, pois porque o número 1 de Cambados Pode, José Ramón Abal dixo que si el non pode ser alcalde, que si el non se vota asemesmo,  a
única persoa que votaría para alcalde é a Tino Cordal, pois non é unha candidatura “al uso” senón que é unha candidatura independente e formada asembleariamente por veciños de Cambados.
En catro horas de reunión aprobouse o programa de goberno, agora só falta elixir a Alcalde,  está nas mans da cambadesa Fatima Abal facelo ou non principalmente. Fatima Abal acudiu
Jorge Maria
a xuntanza acompañada de Jorge María funcionario do concello de Vilanova  que ostenta un cargo dentro do PSOE provincial  quen dixo “que non podían ceder no tema da alcaldía porque era unha cuestión de partido”, estamos seguros de que si tivera que decidir Fatima, para ela sería mais importante Cambados que o partido , e como pode decidir finalmente, ela xenerosa como é,  non dubidaría en deixar fora da Alcaldía a Luís Aragunde. Non pode ser que un de Vilanova decida o futuro de Cambados.

Somos Cambados pola súa banda  non ten inconvinte tanto e votar a Victor comoa a Fatima son estes os que teñen que convecer a os de "Cambados Pode", e ademais non vai contar con liberados nas súas filas.
Non hai nada pechado, todo segue aberto, pero isto é a grandes rasgos é o que acorreu na xuntanza.
ELECCIÓNS 2015: LEXITIMIDADE?
Nestas eleccións o partido que mais votos perdeu foi o Partido Popular que se deixou nas urnas a frioleira de 1504 votos, seguido polo BNG  que perdeu 459 votos, despois ven o PSOE que pese ao desgaste do PP só mellorou os seus resultados en  36 votos. So Somos Cambados e Cambados Pode , están na lexitimidade de dicir que foron realmente quen mais creceron en votos pois Somos Cambados acadou 1162 votos e Cambados Pode 455 votos, ambolos dous partian de 0. Xulgade vos mesmos pero falar de lexitimidade con estas resultados  non parece moi crible para algúns,  sobre todo se o fan o PSOE e o BNG forza para quen o verbo “dimitir” non existe e venderon coma un éxito o que foi un verdadeiro fracaso, que unicamente poden “tapar”  en  parte, formando parte do equipo de goberno.
DESCONTENTO CO PACTO NALGÚNS
SIMPATIZANTES DO PSOE, BNG, E SOMOS CAMBADOS.
Tanto PSOE, BNG, e SOMOS CAMBADOS, teñen simpatizantes que desconfían de José Ramón Abal e son reaccios aos pactos con Cambados Pode, é mais,  son partidarios de que siga gobernando Luís Aragunde en minoría, pero tamén temos que dicir que non son os mais dentro destas formacións, e ollo tamén entendemos a súa postura, pero como me dicia  hoxe un amigo “catalán” que segue o día a politica cambadesa:”Non podemos nin debemos deixar pasar esta oportunidade, pode ser histórica e única”.  A diatriba  está clara, de momento,  ou Tino Cordal ou Luís Aragunde. O pobo falou agora teñen que falar os nosos representantes e o tempo esgotase, quedan pouco mais de 24 horas.

MANICIPAIS CAMBADOS 2011
VOTOS POR PARTIDOS EN CAMBADOS
Partido
Concejales
Votos
PP
11
5208
61.66 %
BNG
3
1742
20.62 %
PSdeG-PSOE
3
1385
16.4 

MUNICIPAIS CAMBADOS 2015
VOTOS POR PARTIDOS EN CAMBADOS
Partido
Concejales
Votos
PP
8
3704
45.59 %
PSdeG-PSOE
3
1421
17.49 %
BNG
3
1283
15.79 %
SOMOS CAMBADOS
2
1162
14.3 %
CAMBA PODE
1
455
5.6 %
FOTOS: DIARIO DE AROUSA, FARO DE VIGO E A VOZ DE GALICIA.

1 comentario:

MANUEL dixo...

Somente unha pregunta, ¿ Xuntáronse os representantes do PP a falar de posibles acordos co PSOE, co BNG, con Somos Cambados? Creo que a resposta e obia. Estamos a sufrir estos días tantas novas de pactos ANTIPP, que os do PP consideran ANTINATURA, que da noxo ver como un partido político que somente sabe gobernar con maiorías absolutas intente culpar os demais do seu egocentrismo e absolutismo. O asunto de pactar non é sinónimo de repartir, eso vai para TODOS, cando unha persoa vota faino por un partido, por un programa, coidado que catro anos pasan axiña. Non é de recibo o de ÓRDENES DO PARTIDO con personal foráneo, eso está en sintonía con PPartidos PPiramidales.