20 de xul. de 2015

AS PROTESTAS DA COMISION DE FESTAS DE SANTA MARIÑA NON TIÑAN XUSTIFICACION.

UNHA COMISIÓN DEMITIU O ANO PASADO POLA INCOMPETENCIA DE LUIS ARAGUNDE.
Estes días falouse das protestas da Comisión de Festas de Santa Mariña*, que por certo desapareceron xa do seu facebook. Ninguén
dubida do traballo que ven facendo está Comisión de Festas, e mais despois do éxistoso festival do Ame, pero estas
protestas non tiñan xustificación algunha, tal é así que pronto se arrepentiron de las e enseguida  as sacaron xa do seu facebook (comisión de Festas de Santa Mariña). Se as protestas eran pola Festa da Vieira, a edición anterior tamén se celebrou o 18 de xullo e non orixinou ningúnha protesta contra a goberno de Luis
Aragunde, polo que non chegamos a entender as protestas da Comisión este ano, agás que foran por razóns estrictamente politicas. O que si sabemos é que o actual grupo de goberno colaborou en todo e mais coa Comisión de Festas Santa Mariña.

O que é totalmente certo e que a incompetencia cando era alcalde Luis Aragunde xenerou a dimisión en pleno da Comisión de Festas da Pastora porque o Alcalde sempre poñia actos na calzada para “fastidiar” a esta comisión e durante varios anos. .                 CARTEL DA VIEIRA DO NO PASADO.



1 comentario:

Unknown dixo...

Como membra desa antiga comisión, e da presente tamén, teño que desmentirte unha vez máis,(xa que cando publicaches ésta mesma "nova", fai dous anos cando deixamos a comisión, xa che desmentín o mesmo)porque que cando acordamos deixar a festa cada membro deixouno polos seus propios motivos, persoais, aburrimento..., pois xa se sabe que éste tipo de traballos os fas por devoción, pois asegúrovos que non é moi agradable escoitar según que cousas.(Como éstas por exemplo)Repítoche como en aquela ocasión, que a comisión estaba formada por nove persoas, e antes de publicar algo así, e con ésta contundencia, esciotes todas as versións. Agardo que ésta vez che quede máis claro.