24 de ago. de 2015

A EXTREMA DEREITA CAMBADESA ADICASE A AMEAZAR A MENORES

E A CRITICAR COMPETENCIAS  DA XUNTA COMO SE FORAN DO CONCELLO.
Que a dereita cambadesa “vai polo mar a baixo” é un feito mais que notorio. Os ideólogos  de tan lamentable banda de  ovellas esta chegando a límites insospeitados  con tal de mentir, e desprestixiar a enorme labor que está a realizar o actual goberno de Cambados . E tan  patética a súa critica que alguén que realmente milite no partido que a sustenta a dereita cambadesa debían de tomar medidas con eles e urxentemente.  A ultima e gravísima das actuacións da extrema dereita  foi que chegaron a ameazar  a un menor por facer unha crítica a paxina de facebook  que rexentan, os pais do menor en cuestión, obviamente presentaron
denuncia perante a Garda Civil. Censuran a todo o non pertenza a escasa manada de ovellas que os seguen e dedican a desprestixiar o pobo aínda que  os lugares que censuren non sexan propiedade nin competencia do concello como o caso de pantalón de Tragove, que claramente é competencia da xunta, é mais,  o propio vixiante  que está no seu posto grazas  a forma que ten de “contratar a xente” a dereita, chegoulle a dicir os que gardan as redes no peirao que podían facelo ata a súa retirada, porque parece inminente a retirada de ditos peiraos.  Simplemente  execrable a actitude da dereita cambadesa que deixan como portavoz oficial a unha banda de camándulas. 

Ningún comentario: