24 de ago. de 2015

NACE O TRIO MUSICAL “ONTE E HOXE”

Cando nace un novo grupo músical sempre é motivo de ledicia, e si ten a categoría que vai ter “Onte e Hoxe” que é como se denomina o novo grupo, mellor que mellor,  a mocidade de Etziar e Victor unese a veterania e a potente
voz de Roberto Lores. O estreno da agrupación será o vindeiro: Venres día 4 de setembro ás 23:27 horas na  Taberna de Cancela – Xil. O trió está formada por  Itziar Solla García ........ Frauta e voz, Víctor Bóveda Prado .... Guitarra e voz. E Roberto Fdez. Lores .... Voz. O seu repertorio está formado por cancións galegas, principalmente das décadas do 60 - 70. Interpretan cancións de:  Andrés do Barro, Pucho Boedo e Luís Emilio Batallán entre outros.

Ningún comentario: