25 de ago. de 2015

XIRONSA OFRECECHE ACAMPADA LIBRE E GRATUITA DURANTE DOUS DIAS ESTE FIN DE SEMANA

A asociación Cultural Xironsa de Corvillón co gallo da celebración do seu magno festival onde poderás gozar de actuacións en vivo e en directo dos mellores músicos galegos do momento, ao mesmo tempo tamén che ofrece
acampada libre e gratuita nun recinto pechado, e con baños e duchas  da noite do vindeiro venres ao sábado e da noite
do sábado ao domingo, con todas as garantías legais, ademais de servizo de bar e bocatas, isto último a un módico prezo.


Ningún comentario: