26 de ago. de 2015

O MELLOR CLOWN DE GALICIA , NO FESTIVAL DE XIRONSA O VINDEIRO SÁBADO 29, ANIMARA O XANTAR DA ASOCIACIÓN.

PETER PUNK, O HUMOR MAIS “GAMBERRO E SECO, EN VIVO E EN DIRECTO.
Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e
programados en Galicia nestes últimos anos. Gañador doFesticlown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal,
Palestina, participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa.
Con máis de 800 funcións Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.
Neste momento conta con tres grandes espectáculos en distribución: o clásico Peter Punk que levou á compañía ao seu nivel de recoñecemento actual e dúas novas apostas que non fan senón confirmar a progresión deste artista.
Peter Punk A Chungatrona, un solo con novos números e co final mais incrible do momento e Peter Punk e o Neno Imperdible, un espectáculo con dous actores e músicos dirixido por Walter Velázquez, con música ao vivo interpretada con mais de cinco instrumentos, coreografías, cancións propias, unha orixinal escenografía e A Chungatrona como número final. Un espectáculo realmente incrible e completo. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo.
Currículo destacado:
Recentemente participou no Festiclown 2011, no festival Circe de Santa Cóloma (Barcelona), no Anjos do Picadeiro de Brasil, noFesticlown de Palestina ….. Anteriormente Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Festival Circe (Santa Coloma), FITEC (Getafe), Festival Magiclown de Sant Josep (Ibiza), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Arde Lucus (Lugo), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Somriure per Chiapas de Pineda (Cataluña), Teatro Municipal de Vila Real (Portugal), Mostra de Teatro de Cee (A Coruña), Festas de San Froilán (Lugo), Festas do Marisco de O Grove, Somriure (Pineda-Catalunya)........

Ningún comentario: