26 de ago. de 2015

O PP, POR MEDIO DE FEIJOO E ROSA QUINTANA ESTÁN ARRUINANDO O SECTOR DO MAR

HAI QUE SER REALMENTE “LERDO”  PARA VIVIR DO MAR E VOTAR A ESTES IMPRESENTABLES.
O VENRES 28 AS 19 HORAS PRIMEIRA MOBILIZACIÓN NA ILLA DE AROUSA
Cerco, mariscadores, meixoeiros e xente do mar en xeral, están moi cansos do PP e dos seus representantes
concretamente do presidente da Xunta Nuñez Feijoo e da Conselleiro ou pseudo conselleira Rosa Quintana. Están a poñer a todos sectores en pe de guerra. A Xente que traballa no mar en Galicia está abocada a desaparición
, sen que estes inútiles saiban como reparalo, se tiveran vergoña marchaban para casa. 
O mar prepara un outono quente con protestas e mobilización en contra dos impresentables que nos gobernan.
A xente do mar está a perder poder adquisitivo a pasos axigantados, o peor de todo isto que hai xente do mar ou que si do mar que aínda defende a estas impresentables sobre todo nas redes sociais, hai que ser estúpido para facelo.
A impotencia de Rosa Quintana, está mais que demostrada ao longo do tempo que levan no goberno da xunta, de feito non hai sector do mar que non se mobilizara en contra da
incompetencia de Feijoo e Rosa Quintana. Hai que botar a esta xente da Xunta canto antes, son a incompetencia personificada.
O venres as 19 horas na Illa de Arousa os rañeiros van efectuar a primeira dos ptotestas, e esperan non estar solos, senón  ser apoiados polo resto da xente do mar e particulares en xeral. O mar ten moita importancia na nosa vila e non os podemos deixar sós nestes intres tan difíciles.

Ningún comentario: