26 de ago. de 2015

O NOVO TELECENTRO DE CAMBADOS EN CASTRELO XA ESTÁ LISTO PARA SEU USO.

O novo telecentro de Cambados ubicado na Casa de Cultura de Castrelo xa ten todo o equipamento necesario para empezar a acoller usuarios e cursos
Conta con 10 equipos informáticos para navegar con Internet, un proxector e 
pizarra dixital que permitira ós veciños do municipio adentrarse nas novas tecnoloxías, sendo tamén un lugar público de encontro e aprendizaxe.
Segundo o goberno local, na nova aula vanse realizar cursos de iniciación á internet tanto para xente nova como maior, sen entrar en competencia co 
sector privado, e nela tamén haberá un monitor para titorizar e guiar ós usuarios nas súas dubidas.
Para a creación do Telecentro de Castrelo o Concello de Cambados, contou cunha subvención do AGADER-
FEADER, xa solicitada polo anterior equipo de goberno, xunto co orzamento de tres empresas informáticas que non pertencían ó municipio.
No proceso de contratación pública realizada polo novo executivo 
sumánronse tres novas empresas radicadas en Cambados, mellorando as ofertas presentadas polas firmas convidadas pola anterior corporación.
Finalmente, foi a cambadesa Grupinfor á adxudicataria do subministro do 
equipamento informático por un importe 
de 7.923,58 euros.

Ningún comentario: