3 de dec. de 2015

Diario dun cambadés errante

Fai uns días recibín unha mensaxe que me fixo moita ilusión e como diría Vito Corleone en “El Padrino” traía consigo unha oferta que non podía rexeitar. Era algo que lle debía a Cambados e sobretodo a un cambadés ilustre e querido coma Chon.

Xa fai moitos anos marchei de Cambados para estudiar xornalismo. Dende esas xa pasaron máis de dez anos, nos que fun e vin pero nunca vivín en Cambados máis de unhas semanas ou meses. Pasei por Madrid primerio, México despois e finalmente acabei en Guatemala onde sigo e donde me deron a oportunidade de vivir do xornalismo, algo que non conseguín na miña terra.


Esto fixo que deixara un pouco de lado Cambados e a sua realidade a hora de escribir, pero nunca desconectei da miña terra, ben a través das conversas con familia e amigos, das viaxes o pobo ou a través de A ti meu Cambados, a quen lle quedín a deber moitos textos nestes últimos anos e que espero recuperar nos próximos meses. Chego tarde xa que me encantaría que Chon me puidese ler, pero sei que onde esté o fará.

Por eso cando Chon fillo, un gran amigo, pediume colaborar na nova etapa de A Ti Meu Cambados, a resposta foi un sí rotundo. Por tanto intentarei dar os meus puntos de vista nos temas que vaian saíndo e sempre co interés de debatir e compartir con todo o mundo.
 
Un saúdo a todos e vémonos por aquí. A quen no me coñeza son o fillo de Juan Silva e Pilar. Pido perdón polo meu galego pero son moitos anos fora donde e complicado practicalo. Pero polo amor de Chon a nosa terra escribirei ou intentareino en galego.

Para comezar deixo un texto que escribín cando me enterei de que Chon partira e que que mellor sitio para publicalo que no seu blog na sua memoria...

A ti meu Cambados, a ti meu Chon

A ti meu Cambados titulábase o último correo que recibín de Chon xa fai algún tempo. Nel viña o disco que meu pai e seus amigos grabaran coma homenaxe o seu pobo, o meu pobo. Chon ten recollida gran parte do máis importante da miña vida. As festas en Cambados, as cantarelas no Bar Silva, os concertos das letras galegas e outras tantas cousas que me tocaron ver por vídeo pola distancia que xa fai anos tiven que poñer por medio.

Nunca quixen escribir esto e a verdade non teño gañas ni  forza para facelo pero hoxe creo que él, seu fillo e meu gran amigo Chon e toda a súa familia meréceno. Dende fai unhas semanas non sei que pasa en Cambados, máis alá de si chove ou non ou do que falo ca miña familia e cos meus amigos. Miña unión informativa con Cambados era o blog de Chon. Si sei que hai máis blogs, hai xornais, pero eu infromábame por ahí. Cos seus acertos e erros.

As súas entradas facían menos dura a distancia, as suas pelexas dábanlle vida a Facebook... Chon era blanco ou negro, nunca gris, era loitador, pelexón, crítico, testarudo e moitas cousas máis pero ante todo era un home bo. Sempre se preocupaba e loitaba polos problemas dos demais, sempre se acordaba dos que estábamos lonxe como cando nos animou a facer entrevistas para que contáramos como era o lugar onde vivíamos os emigrantes cambadeses que cada día éramos máis.

Hoxe vaise unha parte importante de Cambados, e dende lonxe tamén choramos a sua pérdida. Vaise un gra pai, un gran marido, un gran amigo e sobretodo unha boa persoa. A vida e irónica xa que me enterei do seu pasamento mentres estaba nunca conferencia cos empresarios que mandan en Guatemala. Non puiden evitar a tristeza pero apareceume un pequeno sonriso cando pensei en Chon e coloqueino neste lugar. Seguro tería algún comentario inxenioso ou algunha pelexa cos poderosos.


Chon onde queira que estés nunca deixes de pelexar polos de máis abaixo que nestos tempos difíciles fan falla moitos coma ti pra seguir adiante.

MANUEL SILVA REY

Imaxes: contas persoais de Facebook de Manuel Silva e Xaquín Charlín

Ningún comentario: