3 de dec. de 2015

I GALA GALICIA AME

Logo da primeira entrada de presentación da nova etapa do blog e dunha das súas novas seccións, creo que era obvio cal sería a seguinte parada, o evento do final deste ano en Cambados: a I Gala de Galicia AME.

Todos os cambadeses ó longo deste ano fomos coñecendo que é o AME, cales son as súas consecuencias e uns cantos de miles puxemos a nosa lingua a disposición da iniciativa #STOPAME



Dende AME Galicia, para finalizar o ano, estiveron argallando un gran xantar e posterior Gala coa intención de recadar fondos e seguir na loita contra esta enfermidade. E é que o salón de actos de Martín Codax vaise a quedar pequeno para albergar este acto.

Na Gala non faltarán caras coñecidas e grupos e artistas de gran nivel como: A Roda, Toñito de Poi, Belén Xestal, 2naFronteira, Lucía Pérez, Cuchus Pimentel, o Mago David Méndez, Silvia Ferre, Jorge Casal, Manso e Amigos... Estamos ben seguros de que a organización e o apoio do público alí presente farán que todo saia moi ben e que todo o mundo desfrute do espectáculo.

O menú correrá a cargo de Rodiño, que deleitará os presentes coas súas mellores creacións.

E o máis importante, a presenza do Doutor Nascimento, un dos principais investigadores na loita contra o AME e que esta fin de semana recibirá das mans dos organizadores os cartos recadados para seguir avanzando ante esta dura enfermidade no futuro.
Para rematar deixámosvos cunhas verbas da alma da loita contra o AME no noso pobo e case que en todo o país, Merchi Álvarez:

"Quero agradecer a tódalas persoas que mercaron a súa entrada para esta gala, sinto polas persoas que tardaron en adquirila e quedaron sen ela. Temos un cheo absoluto, 300 persoas unidas pola AME. Quero agradecer a todos os colaboradores, persoas e os grandes profesionais que poñen e puxeron o seu gran de area nesta gala. Decir que vendrá dende Barcelona o Dr. Andres Nascimento, neuropediatra do San Joan De Deu, xa que lle doaremos o diñeiro recaudado neste ano para o seu proxecto de investigación sobre a AME."

 Imaxes: perfís de Facebook de Merchi Álvarez e Xaquín Charlín

Ningún comentario: