5 de dec. de 2015

NOITE FECHADA ESTREA VERY JUAY CHUNAY



O grupo NOITE FECHADA está de lanzamento e no día de onte veñen de publicar en youtube o seu primeiro videoclip VERY JUAY CHUNAY. Dende a súa páxina de Facebook tamén nos aseguran que será o primeiro de moitos, xa que polo que se pode ver nel non o pasaron nada mal na gravación. O tema protagonista nesta presentación é o que adican a cultura dos furanchos, nunha exaltación total absoluta da saída de viños cunca en man e en contraposición os picoteos en “restaurantes pijos”. A dirección corre a cargo de Alberto Domínguez Pedreira (Domín) e conta coa colaboración de amigos do grupo como Goio, Touro ou Cores.

Noite fechada recórdanos neste tema, no musical, ó mellor Rock Bravú coas eléctricas de Carmelo e Matías dando todo e máis. Falando con este último a finais do pasado ano recordo que me comentaba que este sería o ano, para ben ou para mal. Dicíamo no sentido de que se seguían coas versións ían xa a cansar a xente e corrían o risco de que os temas novos non chegasen á xente como o estaban a facer coas versións. Pois visto o visto neste 2015 sortearon sen problemas o temido “batacaso” e conseguiron tocar o ceo facendo vibrar a praza de Fefiñáns, neste último Albariño, coas súas xa míticas versións e cos temas recén saídos do forno.

Do adianto que temos do disco na súa canle de youtube, podemos ver que conservan a súa esencia: RISAS, CARALLADA, un chisco de PROTESTA e por suposto ROCK&ROLL. No referente as influencias vemos que van dende as máis obvias como Heredeiros da Crus, ata as máis insospeitadas como poderían ser DEF CON DOS.

Supoñemos que o lanzamento do disco completo se producirá a inicios de 2016 e que a súa presentación será na súa sede, O Encontro en Barrantes, que vestirá as súas mellores galas e se ateigará para a ocasión.


Dende A ti meu Cambados recordámoslle que sempre van a ter o apoio deste Blog para promocionarse cando queiran e teñamos constancia das súas actuacións. Persoalmente o que aquí escribe ten pensado seguir a perder a conta das veces que vin en directo a este grupo, xa que ademais de consideralos amigos, tamén os considero unha gran banda de Rock.


Imaxes: Páxina de Facebook de Noite Fechada
Vídeo: canle de Youtube de Noite Fechada

Ningún comentario: