20 de xuño de 2019

AXENDA CULTURAL ATMC

Na de semana do 21 ó 23 de xuño arrancamos axenda na Leria, onde teremos oportunidade de ver a Miguel Leiro. O irmán do gran Matías de Noite Fechada apunta boas maneiras e fará desfrutar os cambadeses coas súas versións de temas novos e clásicos de Rock estatal e internacional.



O sábado dende as nove da mañá o Club Juventud Cambados porá o broche a tempada, como cada ano co seu serán ou Festival Deportivo-Musical-Gastronómico no parque de Torrado. A parte deportiva estará co torneo 3x3 dos rapaces da base e dos senior. A nota musical correrá a cargo de agrupacións tradicionais, concertos e DJ. E como sempre o toque gastronómico contará con churrasco, empanada, mexilóns e outros pratos típicos nas romerías galegas.


O Cuernitour 2k19 continuará desta volta facendo parada na noite de San Xoán as 23:30 no ciclo ideado por Salvador Ribadomar e organizado polo Concello de Cambados "Verán da Jovita". Unha vez máis os Cuernicornios farán bailar a todos os que se acheguen a San Tomé. Desexamos de veras que o "Verán da Jovita" continúe durante todo o verán, pero tamén pensamos que o Concello debería ofertar unha barra a asociacións, organizacións ou clubes da vila que a queiran e poidan traballar, para conseguir que este evento reporte un beneficio máis alá do simplemente cultural.


Ningún comentario: