Antes de comezar gustaríame facer constar o estupor polas formas da
organización deste evento dende o minuto 1, a pesar disto promocionei a
iniciativa dende este puntiño da rede, xa que nos parecía loable o esforzo
tanto dende o Concello como do organizador de encher de contido un espazo
infrautilizado do pobo.
Dito isto queremos aclarar en primeiro termo que dende aquí non imos dar os
caches dos artistas que actuaron nestes eventos, xa que é algo que se negocia
bolo a bolo e facer públicas estas cantidades penso que é unha puñalada á xente
que puxo a súa arte a disposición dos teus parroquianos. O que si imos a facer
é dicir que a cantidade que lle vai a custar o Concello de Cambados esta
actitude xenerosa (cos cartos de todos) dun veciño de San Tomé ata o concerto
do vindeiro 14 de xullo supera os 4.500 €. Tamén estamos en condicións de dicir
que algúns dos cachés dos artistas que participan e participaron destes eventos
non coinciden cos publicados polo organizador nas súas redes sociais. Tamén
destacar que nas contas que fai o organizador inclúese un insistente “máis
sonido” obviando que nalgunhas actuacións o prezo do son supera o caché do grupo. Dentro destes 4.500 euros non están incluidos os gastos do persoal que o concello ten que movilizar en cada actuación.
Porque se chama este artigo “todo o bo que se puido facer”?
Pois en primeiro lugar porque nos parece un “para o que me queda no
convento cágome dentro” do concelleiro de cultura saínte, xa que o habitual
cando te achegabas o seu despacho con unha proposta era que che pedira que
presentases un proxecto cos obxectivos, custes, seguro de responsabilidade
civil... por rexistro de entrada no concello. O que aquí escribe foi a inicios
do ano pasado a presentar un festival e Cultura non poría máis que o son e o
son correría a cargo doutra empresa distinta a que nos escolleramos no
proxecto. O festival que presentábamos costaba 500 euros menos dos que leva
gastados este veciño xeneroso (cos cartos de todos).
En segundo lugar porque a promoción do evento en redes socias foi moi pobre
e solo se fixo dende o Facebook do organizador. Foron ampliamente
promocionados cando tocaba alguén de Cambados, pero polo feito de que estas
persoas son moi coñecidas e respetadas e chegaban a moita máis xente dende os seus perfís en redes. Dende
aquí dicir que non se me fixo chegar dende o organizador ningún dos eventos e
que todo o que publquei o souben por outras canles.
En terceiro lugar porque este evento era unha moi boa ocasión para que en
cada unha das actuacións unha asociación, un clube... puxera un posto, de
comida por exemplo, e poder recadar
cartos para as súas causas/equipos.
En derradeiro lugar porque se utiliza un nome que non é o da praza en
cuestión, que se colleu o nome dunha persoa e que non se puxo isto en
coñecemento da familia desta persoa antes de facelo público. Isto é a todas
luces unha falta de respecto total e absoluta.
Rematar insistindo en que a idea (concertos en San Tomé), paréceme xenial,
pero non se puxeron os cimentos necesarios para un evento destas
características. Creo que a todos se nos queda ingrata a comparación si o lado
da organización do Verán da Jovita poñemos as organizacións de Serán de Troula
ou Ulo-Vermú.
Ningún comentario:
Publicar un comentario