6 de ago. de 2019

VOLVE SERÁN DE TROULA

A continuación reproducimos a nota de prensa que os organizadores nos enviaron cando presentaron esta edición de Serán de Troula, con unha pequena modificación na ubicación do primeiro concerto:



"Este vran présentase a terceira edición do SERÁN DE TROULA, un ciclo de concertos ao aire libre que naceu coa finalidade de satisfacer as necesidades lúdicas do noso pobo ofertando unha porgramación musical gratuita e de calidade para tódolos públicos.

Seguindo a dinámica das anteriores edicións, o ciclo constará de tres sesións protagonizadas por bandas de distintos xéneros musicais.

Tendo en conta a indiscutible e crecente ola de talento musical que xurdiu nos últimos anos en Cambados, Serán de Troula quere contar coa colaboración dos tres selos discográficos
cambadeses activos neste momento, ofrecéndolles un espacio ao remate de cada concerto para que amosen parte do seu traballo.

O XOVES 8 DE AGOSTO ás 21:00 da tarde no parque de Torrado, inauguramos o Serán de Troula con Juzz. Unha banda de jazz liderada por Virxilio da Silva, que chega á nosa vila para presentar o seu último traballo con nome homónimo á propia banda. Froito dos últimos anos de experimentación cunha música influenciada do rock máis psicodélico e ácido de finais dos 60 pasando polo pop vangardista máis experimental. Unha música que ten como máxima a búsqueda da liberdade máis alá da súa clasificación nun xénero determinado.

Para rematar a primeira xornada contamos cunha pinchada a cargo de Fonosaurios, o primeiro dos tres selos discográficos cambadeses que terán o seu propio espazo.

Fonosaurios, como ben dixemos, é un selo de recente creación, encargado tamén de configurar a programación cultural de O Encontro e a Krazzy Kray, que nace co fin de dar visibilidade ao grandísimo talento descoñecido da nosa terra. Apostando sempre pola calidade e o talento musical da nosa escena.

O XOVES 15 DE AGOSTO na Praza de Alfredo Brañas, abriremos o Serán cunha descarga de rock psicodélico, de base setentera e colorido indie. Sol, Azufre, Sal, Tierra e La Santa preséntanse enfundados en túnicas e ocultos detrás de mascaras baixo o nome de Basanta.

Despois de percorrer un puñado de festivais por toda a Península chegan a Cambados para presentar o seu último traballo: Colorama, un álbum que veu a luz en abril de 2018 da man doselo C4Music e producido por Paco Loco.

A continuación contaremos coa pinchada de Ulomanía Coop. que leva dende maio de 2016
funcionando como plataforma para a autoedición de discos, conectando a diversos creadores, e coordinando o proceso de fabricación ata conseguir un artefacto final en vinilo.

O XOVES 22 DE AGOSTO terá lugar na Praza do Castriño a última entrega do Serán de Troula 2019. Comezamos co estreno de Mascada, que tal e como a propia banda se define son “un disparo de francotirador directo á cabeza de quen se poña a tiro. Balas de decibelios e graves disparadas por un baixo e unha batería á sinal de dúas voces berrando verdades. Simple e complexo, reducido e completo.”

The Bongo Club son a indiscutible nova promesa musical sueca que con máis de 300 shows ás súas espaldas en máis de 15 países diferentes conseguen levar o seu «Anybody Have A Lighter?» a número 1 no Rock Top 30 de Star FM en Alemania, por enriba de bandas como Pearl Jam o Motörhead.

No seu último traballo cabe destacar a labor de Owen Morris, o productor galés de moitos desesdiscos que marcaron a década dos 90, coñecido por producir míticas bandas como Oasis ou The Verve.

Por último pero non menos importante, pechamos o Serán coa pinchada de B4Project, que nace como resultado do que no seu día foron 504 e Bronquitis Crónica. Herdando o nome da galería de arte Borrón 4, da un paso adiante para ofrecer un espazo de grabación especializado en música urbana dando visibilidade á rica escena underground galega.

Así como a encargada do diseño do cartaz da pasada edición foi Julia González, coñecida entre outras cousas por gañar o concurso de deseño do Albariño do ano pasado, o deseño do cartaz desta terceira edición, vai da man do artista e deseñador gráfico Emmanuel Joven. Un cambadés graduado en Publicidade e Relaciones Públicas con interese na técnica do collage e fotomontaxe que plasmou con éxito o espíritu trouleiro deste proxecto.

Deste xeito, Serán de Troula conta co traballo de diferentes artistas gráficos da nosa terra,
poñendo en valor as cousas que aquí se fan.

Por último agradecer ao Concello de Cambados pola aposta e confianza neste proxecto un ano máis así como tódolos establecementos colaboradores: A Leria, La Embajada, Brothers, Baloca Bar, Riff Rock, Dönner Kebab Infante, Krazzy Kray, EnB e Taberna de Triana. Gracias tamen a tódolos e tódalas compañeiras que me acompañaron durante estas tres edicións, agardo vernos polos bares!"

Ningún comentario: