CONVOCATORIA DE EMPREGO
BÚSCANSE PERSOAS RESPONSABLES E CON CAPACIDADE DE VENDAS PARA DISTRIBUCION DE EMPRESA EN SECTOR BENESTAR, PARA COMBINAR CON TRABALLO ACTUAL OU REALIZAR A TEMPO COMPLETO.
Nicolette Cambados fainos saber que a empresa para a que busca distribuidores é Herbalife www.herbalife.es/ , unha empresa do sector benestar que se fundou en 1980 e desde entón ata agora abriu mercado en 74 países, é unha empresa de nutrición, ten produtos de nutrición interna e externa, o traballo de distribuidor independente desta empresa consiste evidentemente en pór estes produtos no mercado, isto faise de forma directa xa que é unha empresa de mercadotecnia directa, estes produtos non se poden expor nun lineal dun comercio xa que o traballo real do distribuidor é o seguimento e atención ao cliente.
Herbalife ofréceche: Ingresos en función do teu esforzo, autonomía de traballar sen xefe , liberdade de horarios , traballar a tempo parcial con ingresos de tempo completo , traballar onde queiras , ter éxito cun grupo de amigos , baixo risco, grandes perspectivas de éxito , o teu compromiso é o único que conta.
Se seguides interesados en saber máis sobre esta empresa a reunión para presentación de negocio será o venres 7 de xaneiro en Nicolette a partir das 18:30h, Nicole agradeceríavos confirmaraslle asistencia para poder organizarse mellor. Podes contactar por medio do seu facebook ou enviando un e-mail a njnc77@gmail.com.
![]() |
NICOLE RIAL. |
A DISCOTECA “A PERA” TIRA A CASA POLA VENTÁ.
O facebook de Unha Grande Chea recibe moitas invitaciós e celebracións de eventos dos case tres mil amigos cos que contamos, sempre tratamos de darlle relevancia a xente de Cambados que estan por innovar e por facer pasarlle os nosos paisanos un rato agradable, este é o caso da Discoteca “A Pera” sita na rúa Pontevedra desta vila onde este sábado 8 de xaneiro, terá lugar a sua particular NOITE DE REISES, con infinidade de sorpresas e agasallos.
* Con cada copa terás un agasallo seguro.
* A partir da 1:00h sortearán cada 15 minutos:
- 6 Viaxes a Europa
- DVD's
- TDT's
- MP4
Tamén poderás gozar dos bailes das Gogós e moitas sorpresas mais.
HOXE CHEGAN OS REISES MAGOS A CAMBADOS
As 18 horas da tarde no marco incomparable da Praza de Fefiñans, terá lugar a recepción das S.S.M.M. os Reis Magos de Oriente para percorrer as rúas de Cambados nas carrozas reais. En Santo Tomé farán a súa tradicional parada no Asilo de Anciáns e agasallarán os maiores da residencia. A continuación na Praza do Concello, recibirán as peticións dos nenos. Ainda que a hora de confeccionar esta nova non se sabia nada o respecto seria aconsellable que en caso de choiva a recepción real se fixera de todos os xeitos , ou ben na Salón de Actos da fábrica de Peña ou no Auditorio. Unha Grande Chea pidelle os tres Reises Magos de Oriente que no 2011 a Praza de Fefiñans sexa totalmente peonil, a ver si desta vez se portan.
1 comentario:
Suxiro precaución coa empresa Herbalife; son coñecidos pola súa dubidosa estratexia "piramidal". Só fai falla facer unha pequena busca en Google para coñecer algúns casos e, polo menos, acudir advertido.
Publicar un comentario