As Xuventudes do PP, oficialmente chamados Asociación Xuvenil Retranca, organizan a partir das 21 horas do día de hoxe un Torneo de 24 horas de Futbol Sala que comenzará as 21 horas no Pavillón do Instituto Ramón Cabanillas de Fefiñans e que durará ata o día 10. Para mais información chamar o 610970915. É curioso o desta asociación sen practicamente socios, sen capital ningún a cantidade cousas que está a organizar verdade?. A realidade e outra ben distinta son os previlexiados do Concello de Cambados, habería que estudar como reciben tantos cartos para costear as actividades, claro a menos que o Concello llas costee directamente, como din "as malas linguas".
6 comentarios:
E vostede como sabe os socios/as que poida ter a dita asociacion? ou ben, como sabe o capital do que conta? pareceme que so fala por falar, pero ahí vese a educación que teñen uns e a educación que teñen outros.
Sr. Martinez sei moito mais do que Vde pensa da Asociación Xuvenil Rretranca, xa que teño un familiar na directiva e ademais é obvio que é unha ferramenta do Alcalde para organizar cousas que eles queren organizar e como concello non deberian facelo. Me entende?. Estea atento porque un dias destos salirá un artigo sobre Retranca. Sáudos.
Ahí non estou dacordo con vostede, a Asoc.Retranca non lle fai falla que ninguen do concello lle diga o que teñen que facer, ate agora fixeron moitas cousas boas para a xuventude e para os mais pequenos cabadeses. E o familiar ese que Vde ten na familia non creo que sea tan rastrero (por chamalo dalgunha forma) como pra facer cousas pa xuventude que o alcalde lle mande, na miña opinión son rapaces con moitas ganas de aprender cousas novas e facelo o mellor que poidan, para sacarlle un sorriso os mais pequenos, ou para que os adolescentes se divirtan, que era o que facía falta en Cambados.
Sr. Martinez con todo o respeto o meu familiar non é rastreo , so que entre a familia comentanse as cousas. Casi me chegou a enternecer a súa resposta pero o favoritismo de que é obxecto Retranca por parte do Concello e palmario e no digo éu so. E non nos queira facer parbos os cambadeses Sr. Martinez todos sabemos o que hai e non deixan de estar utilizados politicamente polo PP e algúns deixanse.
Hai outros xovenes en Cambados que queren facer cousas e non teñen mais que trabas por parte do Concello.
Perdoe que lle diga pero non son Sr, senon Srta.E xa sei que o seu familiar non é rastrero, conodcoo e sempre esta disposto a axudar a quen mais o necesita. A xente pode pensar moitas cousas, cada un ten as súas ideas, e así como Vde afirma que Retranca é obxecto por parte do Concello eu afirmolle e asegurolle que iso non e verdade, Retranca é unha Asociacion apolítica, os membros dela poden ter as súas diferentes ideoloxías, pero iso non ten que ver co que Vde dí. E ata aqui chego, o últimoq ue decirlle que non é correcto segun a lei utilizar a imaxe dunha persoa para facerlle burla, vomo Vde o fixo coa imaxe na que segun o seu articulo afirma que a idea do Kilo-litro foi roubada, e asi como di que iso pode ser denunciabel, eu afirmolle (porque o estudiei) que utilizar fotografías dunha persoa sen o seu permiso tamen o é. Isto e todo Sr. Un Saudo
Estou vendo que esto estase a converter nun dialogo de xordos. Ningún dos dous "imos cair da burra".
En canto a utilización das imaxes. sempre e cando non sexan personas públicos é ben certo o que di Vde, pero o tratarse de personaxes públicos como é o Sr. Oubiña, a cousa cambia. Vdes sabe cantos millons de denuncias podian presentar os personas que saen in internet sen a súa autorización. Outra cousa é que a imaxen sexa vexatoria ou o estea a acusar dalgún delito que non é caso. De todos os xeitos di ben Vde. que o Sr. Oubiña ten dereito a utilizar os tribunais. Nese senso estou moi tranquilo.
Publicar un comentario