LUIS ARAGUNDE E TOÑITO IGLESIAS “PROBABLEMENTE APROPIAN” A IDEA DUN ESCRITO PRESENTADO NO CONCELLO POR XX.SS.”.UN FEITO GRAVÍSIMO.
O feito parece esperpéntico pero é verdade, as Xuventudes Socialistas de Cambados probablemente foran victimas dun “apropiaciòn indebida dunha idea” ou non sei ben exactamente como chamalo, por parte do Concello de Cambados, o que o mesmo que dicir o PP e o seu brazo “armado” xuvenil a asociación Retranca, alo menos así o sospeitan as XX.SS. As Xuventudes Socilistas de Cambados tiveron a idea de organizar unha recollida de alimentos en Cambados, que lle chamaron "Nadal para todos" para entregar os mais necesitados, falaron con Caritas, quen accedeu, e presentaron un escrito no concello para solicitar un local...
concretamente no edificio da Xuventude, foron a falar co Tenente Alcalde Toñito Iglesias para acelerar o tema, quen lle dixo que xa o pensaria, este probablemente falou co Alcalde Luis Aragunde e esta a súa vez con Retranca, e cal é a súa sorpresa que no día de hoxe (06/12/11) sae publicado no Diario de Arousa que a Asociación Xuvenil Retranca como diciamos brazo “armado” xuvenil do PP para estas cousas salen como os organizadores de unha operación que eles denominan “kilo-litro”, ou sexa o que ian facer os socialistas e agora fanno eles.
concretamente no edificio da Xuventude, foron a falar co Tenente Alcalde Toñito Iglesias para acelerar o tema, quen lle dixo que xa o pensaria, este probablemente falou co Alcalde Luis Aragunde e esta a súa vez con Retranca, e cal é a súa sorpresa que no día de hoxe (06/12/11) sae publicado no Diario de Arousa que a Asociación Xuvenil Retranca como diciamos brazo “armado” xuvenil do PP para estas cousas salen como os organizadores de unha operación que eles denominan “kilo-litro”, ou sexa o que ian facer os socialistas e agora fanno eles.
Pareceme incrible que os dirixentes do PP, concretamente Toñito Iglesias e o alcalde Luis Aragunde sexan tan rastreros e fagan súa unha idea que é propiedade doutro colectivo. Eu coido incluso que o feito é denunciabel penalmente , politicamente estos dos individuos raian a ilegalidade continuamente , e mais o alcalde imcumplea sen ningún resquemor segundo a Xunta Electoral de Zona de Cambados. E claro as “marionetas” de Retranca como é unha orden do xefe non o pensaron mais e ofreceronse como os artifices da expléndida obra social que pensaban facer as Xuventudes Socialistas.
O de apropiarse dunha idea non é a primeira vez que pasa no concello de Cambados xa pasou o mesmo coa Escola Municipal de Teatro, foi idea de outra persoa e incluso ela se ofreceu como directora e o final o PP creou a propioa Escola Municipal de Treato poñendo a unha persoa dos deles como directora, dandolle unha verdadeira puñalada trapera a ambiciosa promotora da idea, por certo o final dixarona morrer por falta de orzamento.
Volvendo a Retranca dicir que outro dia falarei desta organización de porque non pideu subvención o concello este ano.
De seguido reproducimos integramente o comunicado de Xuventudes Socialistas:
“”O 5 de novembro unha delegación das Xuventudes Socialistas de Cambados acudían ao Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia en Santiago de Compostela e na comida surxiunos a idea de organizar unha recollida de alimentos e de xoguetes para as os nosos veciños de Cambados que nunhas datas tan sinaladas como o Nadal o estean pasando mal.
Ismael Agra, Presidente de XX.SS. de Cambados. |
O noso proxecto principal era establecer un punto de doación de alimentos e xoguetes para os nenos principal para que os veciños que quixeran colaborar se acercasen alí e poñer nos centros educativos do concello un espazo para tal fin. Tamén solicitamos a colaboración dos establecementos comerciais de alimentos e accederon a deixarnos establecer tamén alí puntos de recollida de alimentos e xoguetes.
Logo de falar con Cáritas e recibir o seu ‘‘OK’’ pensamos para o noso punto central na entrada do Auditorio da Xuventude, un lugar céntrico e onde acuden moitos veciños habitualmente, por eso decidimos presentar un escrito no rexistro do Concello solicitando tal espazo.
Tras non recibir resposta, acercámonos ao Concello para axilizar o asunto e recibiunos o Tenente-Alcalde que nos dixo que o consultaría.
Sorprendentemente hoxe sae no Diario de Arousa que a Asociación Retranca vai a levar a cabo unha operación ‘’Kilo-Litro’’ coa colaboración dos establecementos alimenticios.
Nunca están demáis os proxectos benéficos, pero tal coincidencia é inquietante, porque… Se dita Asociación iba a poñer en marcha isto, como Cáritas non tiña coñecemento ningún cando fomos a falar con eles? E cómo… cando nós falamos cos establecementos para a súa colaboración tampouco tiñan constancia de nada?
PREME NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA |
Por iso a partir da vindeira semana os veciños que desexen colaborar verán en diferentes establecementos e centros educativos un espazo para deixar alí as súas doacións. Un proxecto das Xuventudes Socialistas de Cambados co nome ‘’Nadal para todos’’.
Ismael Agra Soto,
Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados””
Nova recollida de: http://ismaelagra.blogspot.com/2011/12/dous-proxectos-unha-idea.html
Nova recollida de: http://ismaelagra.blogspot.com/2011/12/dous-proxectos-unha-idea.html
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
3 comentarios:
POLO QUE VEXO SEGUE NA MESMA LIÑA:
-FALTA DE RESPETO.
-FALTA DE EDUCACIÓN.
-ETC...
CREO QUE SE VOLVEU A EQUIVOCAR PORQUE RETRANCA LEVA COA IDEA DO KILO-LITRO POSTA EN MARCHA DENDE FINAIS DO PASADO ANO.
Queiro J. Oubiña, en todo o caso a quen lle tes que pedir explicacións é a Xuventudes Socialistas de Cambados, que derón a nova, non a min. E que sodes un satelite do PP no digo eu dio todo Cambados, e a quen realmente faltachedes o respeto a todos os cambadeses aparte dos rapaces socialistas sodes vos. E En canto a educación procedo da familiar Charlin, como creo que procedes ti, e educación sobrame con quen é educado.
No blog de Cambados.tk amplian información.
Publicar un comentario