Segundo fontes solventes chegadas a este blog, certo empregado da Lonxa de Cambados anda a “presumir” que a estatua de Fraga foi colocada con premeditación, nocturnidade e aleivosía no Pazo de Torrado por un
empregado deste establecemento, un membro do Cabildo e algún que outro empregado municipal, ao parecer segundo as referidas fontes a estatua chegou sobre as seis da mañan da madrugada do sábado para o domingo ao Pazo de Torrado en camión, un montador de cargas de Confraría, mais concretamente da Lonxa traído “ex proceso” para a ocasión dende Tragove, foi o encargado de baixar a estatua do camión e que a puxo no lugar inicial onde primeiramente se inaugurou.
empregado deste establecemento, un membro do Cabildo e algún que outro empregado municipal, ao parecer segundo as referidas fontes a estatua chegou sobre as seis da mañan da madrugada do sábado para o domingo ao Pazo de Torrado en camión, un montador de cargas de Confraría, mais concretamente da Lonxa traído “ex proceso” para a ocasión dende Tragove, foi o encargado de baixar a estatua do camión e que a puxo no lugar inicial onde primeiramente se inaugurou.
![]() |
Montaxe fotografica realiza por este blog. |
Logo na noite do domingo do albariño para o luns a estatua foi colocada onde está agora tamén polo mesmo montador. Os fontes, bastante fidedignas, tamén me comentaron que ao parecer un membro do Cabildo axudou nesta operación feita, insistimos, con nocturnidade premeditación e aleivosía. É mais, ese mesmo membro da Lonxa incluso chegou a comentar “Metémolle un gol o Bloque de carallo, non se enteraron da colocación da estatua”. En realidade este pobre diaño a quen lle mete un gol é a se mesmo, xa que non deixan de ser un servil traballador dun partido político en cuestión, cando en realidade debería ser un empregado con total independencia. Dicir que na operación participaron varias persoas como xa dixen antes, o non quero meter no mesmo saco a todos empregados da Lonxa, a maioría dos cales me merecen o maior dos respetos, e son asiduos e fieis lectores deste blog, pero el sabe por quen vai. Si se chega a confirmar a participación do membro do Cabildo en cuestión o escándalo seria maiúsculo. Esta nova o que ven a amosar é a perfecta conexión entre o PP e a Confraría de Cambados e por ende co seu Patrón Maior, por outra banda unha cousa que en Cambados xa coñecemos fai moi tempo.
2 comentarios:
hoxe fun mirar a estatua de D. Manuel a ver si xa algún mozo áxil se prestara a saltar a verxa e lle dese un pouco de cor a estatua, aprobeitando o evento das palilleiras (eso é facer bolillos e non os do Concello). Vin que de momento ainda D. Manuel está monocolor, unha pena,e agora entérome que disque se prestaron servizos dende a Confraría para a súa ubicación contando cos servizos de algún empregado que a mínima de cambio está a pedir "pluses" e "subas" no seu soldo ainda que sexa por atender o teléfono. O de algún membro do Cabildo ou da Xunta Xeral e moi factibel dadas as directrices dende a cúspide da pirámide, polo carallo dou a cara o máximo responsabel que tamén axuda a engordar o bandullo cos postos de reprentatividade que lle consigue o PP, manda os vasallos rastreros, vendidos e pedigueños que lle tapan as costas, sempre e cando todo sexa VERDADE.Fdo: CARA bell.
acaso e un delito eso ou aicho que preguntar ati pa que dijas si se pode ou non
.ti aqui non pintas nada eso e dos mariñeiros
Publicar un comentario