12 de dec. de 2012

CASUALIDADE , MALA SORTE, OU NEGOCIO PURO E DURO? A TOXINA “VOLVE” POR NADAL

O mariñeiros de Cambados xa non saben se é casualidade,  mala sorte ou persoas moi "listas" que se están a forrar precisamente nestas datas,  pero dende que hai monopolio dunha empresa para comercializa as vieiras e se rematou co modelo tradicional de poxa na lonxa, curiosamente teñen as
vieiras toxina sempre por Nadal.
Covadonga Salgado
Algúns mariñeiros creen que isto é todo un “mamoneo”  que se trae certa xente, o co simple, claro e directo obxectivo de parar as vendas en lonxa para que os mariñeiros poidan gañar cartos, e beneficiarse os de sempre, os que explotan o monopolio. E por riba hoxe temos que ler na prensa que a  directora do Instituto Tecnolóxico para ou Control Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, explicou onte que a vieira está “fermosísima”, presentando bo aspecto e condicións biolóxicas. No entanto, os niveis de toxina amnésica non remiten e o sector vén facendo borrón e conta nova desde novembro e ante un baile continuo de positivos e negativos. A semana pasada parecía que o tiñan ao alcance da man pois estaba case dous puntos por baixo do límite legal (4,6). Con todo, a sondaxe definitiva “precísanse dous negativos consecutivos separados por 48 horas” arroxou un 6 e pico, e fixo impensable empezar a campaña esta semana. 
É evidente que se está a comercializar con vieira furtiva (sen ir mais lonxe onte colleron a un de Ribeira  na via rápida con vieira que sextuplicaba o limite permitido en toxina), e moitos casos , xa o denunciamos neste blog, que ven de Ferrol que ten moita  mais toxicidade que a de aquí, pero a certos restaurantes iso dálle igual. 
Tal como están as cousas, no mar non “se jana un peso” e os mariñeiros xa non é que teñan a mosca detrás da orella, teñen un "avellón" mentres certo perxonaxe que os debia de defendar , estase a facer millonario.  Eu o que digo é que neste Nadal en moitos restaurantes e en moitas casas vanse comer vieiras frescas, probablemente vendidas por furtivos en prexuízo dos mariñeiros que relixiosamente pagan os seus impostos. Onde esta aquela tan "cacareada" e reclamada vixianza que pregoaban o noso alcalde e o patrón maior mentres se enchen de marisco de dubidosa procedencia, ou cando menos sen pasar , presuntamente,   por lonxa,  en certo bar de Corvillón.





1 comentario:

MANUEL dixo...

O que non é comprensible é que nos tempos que vivimos, con unhas leis tan proteccionistas se comercialice a vieira SEN HEPATOPÁNCREAS e os análeses se fagan misturando todalas partes da vieira, hepatopancreas incluido. Nos resultados das analíticas ven moi claro que no músculo as cantidades de toxina son indetectables ( N D ) e na gónada as cantidades son ínfimas, pero estamos dalle que dalle co rato que morre etc... Xa se sabe que todo en este país ten transfondo político-económico e que o que menos lle importa a quen nos goberna é que os mariñeiros vayan o mar, as vieiras, o cerco ,...o carallo é a donde estamos indo dende fai moito tempo sen que nadie dea un berro para defendernos.