É curioso estes elementos do Partido Popular, cando en Euskadi os concellos gobernados polos nacionalistas, que afortunadamente son a maioría e vailles de marabilla, sacaban a bandeira do imperio español dos balcóns dos concellos, botábanse as mans a cabeza
tachando de pouco menos que fascistas os nacionalistas vascos.
tachando de pouco menos que fascistas os nacionalistas vascos.
En troques cando en Cambados “enrollan a propósito” a bandeira galega para que non se vexa, suxeitándoa con pinzas, mentres a bandeira do imperio “rojoigualda” campa as súas anchas no balcón do concello son moi "demócratas". E este feito non está a pasar desapercibido para moitos cambadeses, algúns incluso xa o teñen comentado no facebook e outros comentáronme a min persoalmente polo que fun a comprobar o feito e efectivamente así era, ate estes extremos chegan os “fachas estes para agochar todo que “cheire” a nacionalismo".
5 comentarios:
A bandeira galega non e propiedade dos nacionalistas. Se non dos galegos que se sinten orgullosos de selo.
E tampouco e comparable os nacionalistas vascos (PNV) cos nacionalistas galegos (BNG). Por desgracia para nos.
Maria, tes razón a bandeira galega non é propiedade dos nacionalistas senon de todos os galegos é por iso, deberia estar desplegada e ondear como mínimo ao mesmo nivel que a española pois, mentras non o cambien de sitio, Cambados é un municipio pertencente a nación galega. En canto ao que dis entre os nacionalistas vascos (PNV) e os nacionalistas galegos (BNG)¿por que dis que non é comparable? seguramente ten mais mérito ser nacionalista en Galiza que en Euskadi ou en Catalunya, debido a que ana nosa terra proliferan un maior número de fachas por km. cuadrado
Ricardo, ata donde teño entendido (igual me equivoco) o PNV e un partido democrata-cristiano, de dereitas e autonomista. Nada de esto o une o BNG. Eu creo que o BNG ten máis en común con outra forza de Euskadi, ca que ven de reunirse fai pouco tempo. Xa nin a quero nombrar.
Polo demáis totalmente dacordo contigo. A bandeira galega debe ondear máis que as demáis pois estamos en Galicia.
si se te ocurre censurar mi comentario criticare este blog por separatista y lo hare de forma publica. tu eliges solo te pido que pongas que la posicion de las banderaqs es por orden, es decir, galicia esta dentro de España y a la vez, ésta lo sta en la Union Europea
Publicar un comentario