24 de abr. de 2013

ATROPELLO A UN CICLISTA NA PRAZA DE FEFIÑANS. ¡¡¡PEONALIZACIÓN XA!!!

- E Á UNICA PRAZA DA GALICIA DESTAS CARACTERISTICAS ABERTA O TRAFICO.
- TODO POR UNHA CABEZONERIA DO PP
Hoxe enteteramonos pola Voz de Galicia, edición dixital,  que un ciclista foi arrolado na praza de Fefiñans, o home foi traslado o centro da saude con feridas leves. Os feitos ocorreron sobre as once de maña de hoxe na praza mais bonita de Galicia e a única aberto a trafico pola cabezonería do PP. O home en cuestión sangraba por labio e nariz e foi traslado ao centro de saude da localidade , se ben en princpio as feridas non parecían graves. Esto é a nova en si, pero o pior de todo non é iso o pior é que  Luis Aragunde cada vez que a oposición pide a peonalización da praza, normalmente case sempre o BNG, sempre di o mesmo, que se lle queixan os hostaleiros da rua Real, e non hai pior mentira que esa. En troques en ciudades como a exemplar Pontevedra hai hostaleiros que piden que se peoanalicen certas prazas. Iago Pillado Losada, avogado en exercicio en Cambados, foi é ven a ser un gran impulsor da peonalización de praza e incluso fixo un blog para información de todos en xeral moi interesante: http://peonalizacion.blogspot.com.es/.   E por certo non hai mais desgrazas por simple sorte, porque se teñen visto escenas de peóns andando pola praza , pois todo mundo pensa que é peonil, que son dignas de gravar, non hai mais desgrazas por simple casualidade, por iso e por enésima vez pedimos a peonalización da Praza de Fefiñans.  Por certo ven moi ben a colación o video que fixera Oscar Pardo na campaña do BNG nas pasadas municipais:



¡¡¡PEONALIZACIÓN XA!!!.



1 comentario:

MANUEL dixo...

É a todas luces e con diferencia o maior atropello que se lle pode facer a CAMBADOS na actualidade, non podemos ter políticos que gobernen o son do seu partido cos intereses duns poucos por diante de todo un pobo, claro que é normal ver aos turistas pasear por unha praza de este calibre e non se fixar nos vehículos porque non é loxico que pasen pola plaza e as ruas a carón nin un só vehículo. A maiores temos o semáforo de entrada dende Vilagarcía no cruce coa rua que vai a beiramar que non se vé hasta chegar a uns poucos metros,¿NON SE PODE PODAR A ÁRBORE EN CUESTIÓN? Xa van varias ocasions de estar a piques de embestiren os coches pola mala visibilidade. SEÑOR ALCAIDE, SAQUE COCHES ,PAVITRESNS, MOTOS, SEÑALES DE TRÁFICO, ETC...DA PRAZA DE FEFIÑAS, CONSENSÚE CON TODOS O SEU USO E DEDÍQUESE A GOBERNAR PARA CAMBADOS.